Celos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jealousy and Flirtation.

Os celos son unha emoción tipicamente referida a pensamentos e sentimentos negativos de inseguridade, medo e/ou ansiedade sobre unha perda anticipada de algo de gran valor persoal, particularmente referido a unha relación humana.

Os celos, polo xeral, consisten nunha combinación de emocións como o resentimento, a xenreira, o desgusto,...

Orixinalmente, os celos teñen un significado diferente de envexa, aínda que os dous termos adquiriron a calidade de sinónimos polo seu uso popular na linguaxe falada. Os celos son unha experiencia concreta percibida nas relacións humanas e foron observadas en nenos cunha idade a partir de cinco meses.

Mentres que algunha xente di que os celos son comúns en todas as culturas, outros afirman que esta emoción é un fenómeno cultural específico.

Os celos, polo xeral, son reforzados por unha serie de sentimentos fortes e particulares e están considerados como unha experiencia humana universal; foron representados nunha gran cantidade de obras artísticas. Os psicólogos teñen proposto varios modelos dos procesos subxacentes dos celos e teñen identificado varios factores que poden desembocar nese sentimento. Os sociólogos demostraron que as crenzas e os valores culturais xogan un importante papel para determinar que é o que desencadea nos celos e cales son as expresións de celos socialmente aceptadas. Os biólogos identificaron factores que poden influenciar, de maneiras inconsciente, na expresión dos celos. Os artistas teñen explorado o tema dos celos mediante fotografías, pinturas, cancións, xogos, poemas e libros. Os teólogos teñen ofrecido os seus puntos de vista relixiosos acerca dos celos, baseados nas escrituras das súas respectivas crenzas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Esta termo provén da palabra francesa jalousie, formada por jaloux (celos) , que a súa vez provén do latín vulgar zelosus (cheo de celos), adoptada do grego ζήλος.

Dende que William Shakespeare usou termos como "green-eyed monster" (mostro de ollos verdes), a cor verde foi asociada cos celos e a envexa, creando así expresións como "verde de envexa".

Celos amorosos[editar | editar a fonte]

Os celos amorosos pódense expresar en cinco factores antecedentes:

  1. Factores sociobiolóxicos
  2. Factores históricos e culturais
  3. Factores da personalidade
  4. Factores da relación
  5. Factores situacionais e estratéxicos

Os factores sociolóxicos lidian coas estratexias reprodutivas. Os machos só poden asegurar o seu "dereito" á paternidade restrinxindo este mesmo "dereito" aos demais machos. As femias inclínanse máis por tentar atopar recursos valiosos nun macho que en aproveitar oportunidades reprodutivas actuais; así pois, son máis a dadas a facer unha selección máis exhaustiva. Os homes adoitar usar as seguintes tácticas máis que as mulleres: a) Visualización dos recursos b) Ocultamento da amizade c) Submisión e humillación d) Violencia e ameazas sexuais. Como factores sociobiolóxicos, os homes e as mulleres teñen, cultural e historicamente, estados de emocións moi similares acerca dos celos. Os factores da personalidade son outra ameaza máis que almacenan os celos, tanto en homes como en mulleres, os cales varían dependendo do tipo de relación existente. Os factores da relación, así como os factores emocionais, foron atopados en diferente medida dependendo do compromiso, da inversión emocional e do nivel de alternativas na relación. Os factores situacionais inclúen eventos críticos que poden chegar a inducir aos celos, sendo uns factores moi comúns e facilmente estimulables. Os últimos son os factores estratéxicos, os cales se inclúen cando os individuos non son conscientes dos factores culturais e sociobiolóxicos que promoven un comportamento comunicativo concreto.

Celos sexuais[editar | editar a fonte]

Os celos sexuais nos humanos adoitan aparecer cando unha persoa que resulta importante para un individuo, mostra un interese sexual en outra persoa.