Rancor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O rancor da raíña Caterina, William Hamilton.
Expresión facial de rancor.

O rancor é un sentimento de odio, enfado profundo e persistente cara a unha persoa; un resentimento arraigado que desequilibra e enferma o corpo e a mente. Normalmente por algunha experiencia daniña pola cal unha persoa che fixera pasar. A orixe do rancor pode vir motivada por: insultos, abuso da confianza, enganos, ofensas, maltrato etc. Este sentimento de rancor vaise acumulando ata que finalmente convertese nun desexo de vinganza. O rancor fai que a xente cambie a súa forma de ser e de actuar e, de ser constante, en ocasións o rancor poder ser tan grande que incluso cambie a túa forma de vivir.

O tipo de sensación que causa pode ir dende unha lixeira molestia temporal a un profundo malestar que pode dificultar ou imposibilitar as relación co ofensor. O rancor, nos casos máis graves e extremos, pode chegar a ser unha gran necesidade de vinganza cara a persoa que che fixo dano. O rancor non é bo para ninguén, nin para a persoa que fixo dano nin para a ofendida. Se tomamos a decisión de converter a amargura e a rabia profunda nun resentimento duradeiro, estaremos a fabricar rancor, unha arma perigosa que desequilibra, enferma o corpo e a mente impedíndonos desfrutar da vida. Moitas veces fai máis dano o rancor que as ofensas recibidas.

Causas[editar | editar a fonte]

As causas polas cales alguén pode ter rancor a outra persoa poden ser diversas e depende, en moitos casos, da personalidade do ofendido. É dicir, a alguén que teña unha personalidade forte, os insultos non lle afectarán tanto como a outra que sexa débil persoalmente. As principais causas son: insultos, infidelidade, agresións físicas etc. Aínda así pode haber moitas máis causas polas cales unha persoa lle garde rancor a outra, xa que ter rancor a alguén é algo inconsciente e difícil de evitar. Créese que as persoas por natureza gardan rancor.

Claves para superar o rancor[editar | editar a fonte]

  • Non tomarse todo a título persoal, e non ofenderse por calquera parvada. Non é bo ser dese tipo de persoas que se ofenden por calquera comentario sen importancia facilmente, é mellor intentar cambiar esa actitude, xa que iso causara que unha persoa teña rancor con pouca dificultade. Intentar relaxarse e non darlle importancia a comentarios que non serán beneficiosos.
  • O perdón é a arma mais infalíbel contra o rancor. Pero perdoar non significa esquecer. Cada persoa é un mundo e por iso o perdón é un tema tan complexo, pois cada persoa ten unha forma de ver as cousas diferente e non a todos nos afectan os erros e faltas dos demais do mesmo modo. Aínda así o mellor que pode facer unha persoa para superar o rancor é perdoar a esa persoa, así o ofendido e o ofensor saen gañando.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]