Resentimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O resentimento é un sentimento de inimizade ou de hostilidade que se garda contra quen ofende ou fai algún mal.[1] É a acción e efecto de resentirse, o desgusto ou enfado cunha persoa.[2]

Terminoloxía e desambiguación[editar | editar a fonte]

A palabra orixínase do latín, pero extendeuse a partir do francés "ressentir", do prefixo re e sentir, do latín "sentire". A palabra en inglés, "ressentment" tornouse sinônimo de raiba e de gardar rancor. Con todo, en inglés, alemán e outras linguas a mesma orixe deu dous significados vinculados pero distintos. Nietzsche incorporou o termo francés ressentiment para describir é unha sensación de hostilidade dirixida cara a un obxecto que un identifica como a causa da propia frustración, é dicir, unha atribución de culpa pola propia frustración.[3]

Ese préstamo do francés é hoxe de uso común en filosofía, deste xeito en castelán existen "resentimiento" e "ressentiment", en inglés "resentment" e "ressentiment", en portugués "ressentimento" e "ressentiment" etc.[4]

Notas

  1. "resentimento". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-03-28. 
  2. "resentimento". ilg.usc.gal; Dicionario de dicionarios. Consultado o 2024-03-28. 
  3. TenHouten W., From Ressentiment to Resentment as a Tertiary Emotion, Rev. Eur. Stud. 10 (2018) páx. 49-64
  4. No Dicionario da Real Academia Galega confróntase rancor e resentimento como relacionadas pero non como sinónimos perfectos, e non recolle o termo ressentiment; tampouco outros dicionarios de lingua galega, nin o bUSCatermos. Nunha das acepcións do dicionario Estraviz de galego reintegrado identifica resentimento e rancor, e nas Wikipedias en lingua portuguesa, castelá, italiana e outras románicas tamén identifican ambos termos (resentimiento=rencor, risentimento=rancore etc.).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre psicoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.