Xenreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A actriz Bette Davis sentía unha pública xenreira cara Joan Crawford e iso foi canalizado nunha película, What Ever Happened to Baby Jane?, onde actúan xuntas.

A xenreira é un sentimento polo cal se lle colle mala vontade ou mala disposición de ánimo a algo ou alguén. Pode ser moi variada, xa que se pode expresar a través dunha fonda antipatía cara cousas, persoas, fenómenos ou situacións.

As persoas tratan de evitar ou destruír aquilo ao que lle teñen este sentimento, e no caso de que llo teñan a outra persoa, pode ser reflectido mediante insultos ou agesións físicas. Tamén pode xerar sentimentos de destrución, destrución do equilibrio harmónico, e incluso pode chegar até a autodestrución. É considerado o oposto ao amor.

Algunhas explicacións desta sensación aparecen xa nas orixes da cultura grega, sobre o 2000 A.C.

Punto de vista filosófico[editar | editar a fonte]

En relación coa filosofía, Empédocles foi un dos primeiros filósofos que fixo un estudo completo sobre a xenreira, a cal para el era unha forza cósmica oposta ao amor ou á amizade, e é a causa da súa separación. O amor e a xenreira exercen o seu predominio por ciclos: cando un domina, o outro retírase.

Segundo Aristóteles este sentimento é un desexo de aniquilación dun obxecto, que non pode ser curado polo tempo.

Diferentes puntos de vista[editar | editar a fonte]

Para Charles Darwin, as raíces da xenreira estaban na vinganza e na defensa dos propios intereses. Segundo o psicólogo Erich Fromm, este sentimento xorde como resposta a unha ameaza.

O historiador Isaiah Berlin falaba da xenreira focalizándoa nun grupo; por exemplo a xenofobia, e debido a un sentimento de humillación que experimenta un grupo de xente causado por outro.

Tipos de xenreira[editar | editar a fonte]

  • Irracional: coma o seu nome indica, este tipo é o que fai que as persoas non teñan a capacidade de pensar ou razoar, por iso se unha persoa sente xenreira irracional cara algo ou alguén, non pensará se é realmente o que está a notar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]