Dó (psicoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Clasificación e recursos externos
'Piedade' de Michelangelo. O sentimento de dó é un motivo recorrente na arte.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O [1] é o proceso de adaptación emocional que segue a calquera perda (perda dun emprego, perda dun ser querido, perda dunha relación, etc.). Aínda que convencionalmente enfocouse a resposta emocional da perda, o dó tamén ten unha dimensión física, cognitiva, filosófica e da conduta que é vital no comportamento humano e que foi moi estudado ó longo da historia. Existe o debate de se outras especies tamén teñen sentimentos de dó como os seres humanos, e nalgunhas delas observáronse comportamentos peculiares ante a morte das súas conxéneres.[2]

Fases principais do dó[editar | editar a fonte]

Segundo o modelo descrito polo libro da doutora Elisabeth Kübler-Ross (2010-2017) "On Death and Dying", o dó maniféstase en cinco fases:

  1. Negación: negarse a si mesmo ou á contorna que ocorreu a perda.
  2. Enfado, Indiferenza ou Ira: estado de descontento por non poder evitar a perda que sucede. Búscanse razóns causais e culpabilidade.
  3. Negociación: negociar consigo mesmo ou coa contorna, entendendo os pros e contras da perda. Téntase buscar unha solución á perda malia coñecerse a imposibilidade de que suceda.
  4. Dor Emocional (ou depresión): Experiméntase tristura pola perda. Poden chegar a sucederse episodios depresivos que deberían ceder co tempo.
  5. Aceptación: Asúmese que a perda é inevitable. Supón un cambio de visión da situación sen a perda; sempre tendo en conta que non é o mesmo aceptar que esquecer.

Axuda profesional[editar | editar a fonte]

Nos casos nos que custe superar o dó, este pode converterse nun problema que os psicoterapeutas chaman dó patolóxico. Se isto ocorre ou mesmo antes de que suceda, convén acudir a un profesional da saúde emocional (psicólogo ou psiquiatra) para que dea as indicacións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]