Satisfacción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Satisfaccións humanas (cara a 1938), de Edgard Farasyn.

A satisfacción (do latín "satisfactio") refírese ao estado mental producido pola sensación de plenitude no cerebro, debido á correcta realización dunha determinada acción a que se fixo con esforzo.

A satisfacción referida á filosofía[editar | editar a fonte]

Cando un ser humano ten un obxectivo, o seu propósito e cumprilo, e tras a súa correcta realización, o funcionamento mental do ser humano encóntrase en harmonía, o que contribúe a unha sensación de ledicia, coñecida como satisfacción. Aínda así, no se debe confundir satisfacción con ledicia.

Así e todo, o grao de satisfacción depende, entre outros factores, da optimización do consumo enerxético levada a cabo polo cerebro, isto é, canto maior sexa a capacidade de neurotransmitisión do cerebro, maior será a posibilidade de sentir satisfacción. Se nos sentimos insatisfeitos, o que sentiremos será desacougo, e incluso pode chegar a producir sufrimento.

A falta de estímulos poderíase asociar coa insatisfacción, pois sen un estímulo as ganas de realizar unha acción, cuxa correcta execución che proporcionaría satisfacción, veríanse reducidas considerablemente, o que causaría unha mala realización ou non realizar dita acción, privándonos de sentir satisfacción, o que nos provocaría xusto o contrario, a insatisfacción.

Outros significados da satisfacción[editar | editar a fonte]

A satisfacción pódese referir a cousas que non sexa filosóficas:

  • Acción mediante a cal se repara unha ofensa ou dano producidos; por exemplo: Esixo unha satisfacción debido aos danos causados.
  • Cumprimento dunha necesidade, desexo ou paixón; por exemplo: Necesítanse nutrintes para satisfacer as funcións vitais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]