Humillación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
París 1944: Mulleres acusadas de colaborar cos nazis, feitas desfilar polas rúas descalzas, afeitadas, e con queimaduras en forma de esvásticas nos seus rostros.

A humillación (etimoloxicamente "poñer no chan, baixar"), define o sentimento que ameaza a dignidade dun individuo como ser humano. Asóciase coa expresión "poñer en evidencia" a alguén, xa que orixina unha situación embarazosa. Pode referirse á súa determinación política, social, relixiosa, procedencia ou orientación sexual.

A humillación e os dereitos humanos[editar | editar a fonte]

Nalgúns países, existen lexislacións que penalizan aqueles actos que cuestionan a dignidade dun ser humano como persoa, como se esta tivera o "dereito de non ser humillada" e, polo tanto, consideran a humillación como un delito.

Esta medida adoptouse en certos lugares dos Estados Unidos e Francia, onde corresponderían seis meses de prisión e 15.000 euros de multa. Así mesmo, en España estas leis xa son recoñecidas xunto ás condutas agresivas.

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos define a humillación como "unha denigración forzada dunha persoa ou grupo mediante un proceso de dominio que dana a dignidade; ser humillado significa ser posto nunha situación devaluada en contra do interese propio; e humillar é violar a expectativa que toda persoa debería ter de que os dereitos humanos básicos sexan respectados".

Recoñecementos da humillación[editar | editar a fonte]

  • Humillación na aula: xunto con outros tipos de violencia que frecuentan o ámbito escolar, este comportamento supera as lesións físicas. Pode darse entre alumnos que critican a vestimenta, os defectos corporais, a orixe etc. Noutros casos, a agresión diríxese a unha simultaneidade entre a docencia e o alumnado (vexación por parte do profesor ou do alumno cara ó outro).
  • Humillación no sector profesional: débese a un abuso da autoridade por parte dos altos cargos, producido por unha diferenciación entre o xefe e o empregado, quen responde ao seu superior dun xeito eficaz mentres é avergoñado polo poder que se impón sobre el. Desprestíxiase así o nivel en que se atopa un traballador dentro do contorno laboral.
  • Humillación nas relacións sentimentais': vai da man da violencia doméstica, un conflito moi común en España. Un dos individuos recorre á posesión do outro, de modo que este se pode atopar nun estado mental realmente prexudicado causado pola impotencia que lle suxire tal humillación.
  • Humillación por discriminación social: ten lugar cando un membro da sociedade experimenta algún tipo de distinción ou negación dun privilexio pola súa ascendencia, etnia, relixión, procedencia etc. O problema é característico no ámbito laboral (asignación dun salario, xornada, trato persoal).
  • Humillación sexual: adoita, ao igual que moitas outras, ligarse coa profesión. Consiste na esixencia do acto sexual como condición de ascenso do soldo ou de posto.
  • Humillación sadomasoquista: distínguese das demais polo feito de que é posible asignarlle unha "aceptación" ou "normalidade". Fundaméntase en accións de brutalidade entre dous individuos durante as relacións sexuais por propia satisfacción.

Concepción da humillación relativa ó autorrespecto[editar | editar a fonte]

Avishai Margalit, no seu libro La Sociedad Decente (1997), describe este sentimento como unha sensación que invade á persoa cando perde o seu autorrespecto, que, de acordo coas súas palabras, concorda coa intimidade e o básico que xorde dun mesmo cara el mesmo e que, en condicións normais, todos temos polo feito de ser humanos. Así, se nos tratan con desigualdade, estarían propiciando a humillación.

Humillación por parte de Occidente[editar | editar a fonte]

O Parlamento Europeo aprobou no 2008 a retención de inmigrantes sen residencia legal durante 18 meses sen ser xulgados previamente. Con isto, tratamos un caso de exclusión respecto dos cidadáns que forman parte da Unión Europea.

Por outro lado, dado que a maioría dos nosos países (e tamén os Estados Unidos) non aceptan inmigración non legalizada nin a súa interacción comercial, contribúese ó proceso de humillación respecto ós países empobrecidos economicamente. E outros contrarios, como China ou Al Qaida, e incluso Irán co seu programa nuclear, tentan humillarnos empregando o seu potencial e poder.

Unha posible solución para esta distinción sería, precisamente, retirarlles a etiqueta de vulnerables a ditos estados desafortunados.

Frases célebres[editar | editar a fonte]

  • "Sempre foi un misterio para min como pode haber homes que se sintan honrados coa humillación dos seus semellantes". Mahatma Gandhi
  • "Quen vive entre os deleites e os vicios ten que expialos logo coa humillación e a miseria". Friedrich Schiller

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]