Xente participando en luge de verán como unha forma de diversión, nos Vosgos.
A diversión[1] é o uso do tempo dunha maneira planeada para o refresco terapéutico do propio corpo ou mente. Mentres que o lecer é máis ben unha forma de entretemento ou descanso, a diversión implica participación activa pero dunha maneira refrescante e alegre. A medida que a xente das rexións máis ricas do mundo leva cada vez estilos de vida máis sedentarios, a necesidade da diversión increméntase. O aumento das chamadas vacacións activas exemplifica esta tendencia.