Obsesión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A presión dos medios de comunicación polos corpos perfectos e delgados leva a moitas mulleres e rapazas a sufrir enfermidades obsesivas como a anorexia ou a bulimia.

A obsesión consiste na perturbación do ánimo caracterizada por pensamentos que producen temor, medo, preocupación, por un tipo de condutas diferentes segundo o tipo de pensamento que o asalta, pese ós esforzos de librarse del.

O termo provén da palabra latina "obsessĭo", traducido como asedio.

Tipos[editar | editar a fonte]

Dende o punto de vista psicolóxico, é posible recoñecer numerosos tipos de obsesións.

Ter obsesión pola comida, por exemplo, pode levar a quen a pacede a sufrir enfermidades como bulimia e anorexia, facendo imposible modificar o peso desta persoa de forma saudable.

No plano amoroso, pode provocar incluso traxedias, xa que o ser obsesivo, habitualmente, acostuma intentar posuír á persoa idealizada e estar disposto a todo con tal de apropiarse dela. Este tipo de persoas, adoitan ter unha baixa autoestima.

E por último, o que parece ser o tipo máis habitual dos tres, coñecido coma a síndrome anancástica, unha desorde mental que se asocia coa orde e a limpeza. A persoa que o padece, ordena o ordenado, limpa o xa limpo, e non tolera que algo non se atope no seu lugar. A xente que padece esta síndrome, acostuma ser de mentalidade ríxida e intolerante e moi dados a respectar as normativas relacionadas coa organización.

A obsesión como enfermidade[editar | editar a fonte]

Os síntomas desta enfermidade inclúen o exceso de lavado ou limpeza; acaparamento e extrema preocupación con pensamentos sexuais, violentos ou relixiosos; ou rituais como abrir e pechar unha porta un número de veces antes de entrar ou saír dunha habitación. Estes síntomas consomen a maior parte do tempo e con frecuencia, causan angustia emocional e financeira.

Os actos realizados por este tipo de persoas poden semellar paranoicos e psicópatas; porén, está comprobado que en xeral, recoñecen que as súas obsesións son irracionais, e por este motivo, poden chegar a estar máis angustiados.

Este trastorno afecta a nenos e adolescentes, así como adultos. Aproximadamente a metade dos adultos con obsesión, reportan un indicio desde a infancia, o que suxire unha continuidade dos trastornos de ansiedade durante toda a vida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Doron, Roland (2004). Akal, ed. Diccionario Akal de Psicología. Madrid-España. p. 403. ISBN 84-460-1258-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]