Carisma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O carisma[1] (do grego χάρισμα khárisma e χαρίζεσθαι kharízesthai, ‘agradar, facer favores’) é a capacidade de certas persoas de motivar e suscitar a admiración dos seus seguidores grazas a unha suposta calidade de "magnetismo persoal".

Carisma relixioso e movementos carismáticos[editar | editar a fonte]

En relixión,[1] particularmente en distintas confesións cristiás, denomínase carisma a un don ou talento, dado polo Espírito Santo a un crente para edificar espiritualmente a unha comunidade cristiá. Tamén se traduce a palabra grega kharisma como don gratuíto e relaciónase coa mesma raíz que kharis (graza).[2]

Carisma no Novo Testamento[editar | editar a fonte]

No Novo Testamento fálase de carisma pero non no sentido estrito que hoxe utiliza a Igrexa católica, en xeral designa aos dons de Deus e a Xesucristo, ao Espírito Santo e á divina graza. Segundo os teólogos católicos os carismas son concedidos para ser útiles á comunidade.

Carisma segundo o Concilio Vaticano II[editar | editar a fonte]

Segundo o teólogo Michael Schmaus, o carisma ha de ordenarse á realización da vida eclesiástica e é propio tanto de segrares como de clérigos. Sen o carisma, a Igrexa habería de enquistarse nunha actividade soamente burocrática. Pero o carisma non é un privilexio exclusivo nin dos segrares nin dos clérigos. Se un dos dous estados o pretendese para si só, iso constituiría un desprezo do Espírito Santo que obra na Igrexa enteira.[3]

Dentro do cristianismo recoñécense o Movemento carismático e a Renovación Carismática Católica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carisma.
  2. Aparicio Olmos, O.S.B: Madre Petra y su época.
  3. Schmaus, Michael: El Credo de la Iglesia Católica, vol. II

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aparicio, Emilio Mª: "Madre Petra y su época". Valencia, 1982. ISBN 84-7065-094-7.
  • Schmaus, Michael: "El Credo de la Iglesia Católica", vol. II. Madrid, 1970.