Coraxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Courage is contagious (a coraxe é contaxiosa).

A coraxe[1] ou a valentía[2] é unha virtude humana, que se pode definir como a forza de vontade que pode posuír unha persoa para levar adiante unha acción a pesar dos impedimentos. A coraxe é a habilidade de sobreporse a devanditos impedimentos e perseverar probablemente coa acción que se pretendía realizar. A coraxe consiste en enfrontarse a situacións valiosas e importantes de maneira que superes o medo a fracasar nelas; tamén se entende como a forza por facer algo por alguén ou por ti mesmo. O contrario á coraxe é a covardía, que é o medo a facer algo por distintas razóns.

A coraxe axúdanos a sentirnos ben e orgullosos de nós ao realizar algo que nos custa ou nos dá medo. Por tanto, é importante superar as nosas adversidades cando realmente o necesitamos.

A coraxe física oponse á dor física, o traballo pesado ou a posibilidade de recibir lesións ou morte. A coraxe moral permite actuar correctamente a pesar de recibir por iso descrédito, vergoña, deshonor ou represalias sociais.

Outro sentido da palabra coraxe, podería ser o que sente cando unha persoa está molesta (sinónimo de ira). A miúdo moitas persoas utilizan esta palabra para expresar un sentimento oprimido. Por exemplo, cando ocorre algo que lles desagrada excesivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coraxe.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para valentía.