Saltar ao contido

Nihilismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nihilismo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Identificadores
Freebase/m/05fnf Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC60545746 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O nihilismo[1] (do latín nihil, nada) é unha doutrina filosófica que suxire a negación dun ou varios aspectos significativos da vida. Adoita presentarse en forma de nihilismo existencial, argumentando que a vida carece dun significado obxectivo, propósito ou valores intrínsecos.[2] O nihilismo afirma que a moralidade non existe inherentemente e que calquera valor moral establecido é forzado abstractamente. Tamén pode adoptar formas epistemolóxicas ou ontolóxicaa/metafísicas, significando respectivamente que nalgúns aspectos o coñecemento non é posible, ou que a realidade non existe verdadeiramente. O termo nihilismo foi empregado por primeira vez por Friedrich Heinrich Jacobi (1743–1819), que o usou para caracterizar o racionalismo[3] e en particular a filosofía crítica de Immanuel Kant.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nihilismo.
  2. Alan Pratt define o nihilismo existencial coma "a noción de que a vida non ten significado ou valor intrínseco" Internet Encyclopaedia of Philosophy Arquivado 12 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. George di Giovanni, Friedrich Heinrich Jacobi, The Stanford Encyclopaedia of Philosophy (Edición de 2008), Edward N. Zalta (ed.). Stanford.edu (en inglés)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.