Alt Vinalopó
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | Provincia de Alacant | ||||
| Capital | Villena | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 53.315 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 644,76 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
Alt Vinalopó (en castelán: Alto Vinalopó) é unha comarca situada no noroeste da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Villena.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Debe o seu nome a que se atopa xeograficamente no curso alto do río Vinalopó. Limita polo norte coa provincia de Valencia, concretamente coas comarcas de Costera e Vall d'Albaida, ao leste coa comarca do Alcoià, ao sur coa do Vinalopó Mitjà e ao oeste con Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia. Ademais, as localidades desta comarca teñen unha relación sociocultural e económica importante coas localidades de Caudete e Almansa, pertencentes á provincia de Albacete.
Concellos
[editar | editar a fonte]| Concello | Poboación (20203) | Superficie | Densidade |
|---|---|---|---|
| Villena | 34 144 | 345,60 | 98,83 |
| Sax | 10 072 | 63,50 | 155,26 |
| Biar | 3607 | 98,17 | 37,23 |
| Salinas | 1733 | 61,70 | 26,26 |
| Beneixama | 1697 | 34,89 | 48,44 |
| La Canyada | 1210 | 19,32 | 62,53 |
| El Camp de Mirra | 442 | 21,80 | 19,13 |
| Total | 52 905 | 644,98 | 81,56 |
Lingua
[editar | editar a fonte]Os concellos de Beneixama, Biar, El Camp de Mirra e La Canyada pertencen ao ámbito lingüístico do valenciano, mentres que os concellos de Salinas, Sax e Villena son de predominio lingüístico castelán.
