Biotecnoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Cristais de insulina.

A biotecnoloxía é a tecnoloxía baseada na bioloxía, especialmente usada en agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e medicina. Desenvólvese nun enfoque multidisciplinario que involucra varias disciplinas e ciencias como bioloxía, bioquímica, xenética, viroloxía, agronomía, enxeñería, física, química, medicina e veterinaria entre outras. Ten gran repercusión na farmacia, a medicina, a microbioloxía, a ciencia dos alimentos, a minería e a agricultura entre outros campos. Probablemente o primeiro que usou este término foi o enxeñeiro húngaro Karl Ereki, en 1919, quen a introduciu no seu libro Biotecnología na produción cárnica e láctea dunha gran explotación agropecuaria.

Segundo o Convenio sobre Diversidad Biolóxica de 1992, a biotecnoloxía podería definirse como "toda aplicación tecnolóxica que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos".

O Protocolo de Cartagena sobre Seguridade da Biotecnoloxía do Convenio sobre a Diversidad Biolóxica define a biotecnoloxía moderna como a aplicación de:

Técnicas in vitro de ácido nucleico, incluídos o ácido desoxirribonucleico (ADN) recombinante e a inxección directa de acido nucleico en células ou orgánulos.

A fusión de células máis aló da familia taxonómica que superan as barreiras fisiolóxicas naturais da reprodución ou da recombinación e que non son técnicas utilizadas na reprodución e selección tradicional.