Saltar ao contido

Instituto Kavli de Nanociencia de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Instituto Kavli de Nanociencia de Delft
 Instancia de
 Parte de
Localización
 País
Códigos e identificadores
ISNI0000000404051358 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07fhn9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O Instituto Kavli de Nanociencia de Delft (en neerlandés: Kavli Institute of Nanoscience Delft -KIND-) é unha institución académica e científica estabelecida en 2004 en dous departamentos da Universidade de Tecnoloxía de Delft: o Departamento de Nanociencia Cuántica e o Departamento de Bionanociencia.[1]

O instituto ten a súa orixe nunha doazón de fondos pola Fundación Kavli, dos Estados Unidos, e é a única entidade xurdida desa fundación fóra de territorio estadounidense. As súas investigacións céntranse en aspectos como a biofísica monomolecular ou o procesamento de información cuántica de dispositivos nanoescala.[2]

O instituto conta cun cadro de 50 profesores investigadores.[3] En 2012, catro dos dez científicos dos Países Baixos máis citados nas publicacións científicas pertencían á institución.[4]

Ademais do seu cadro investigador estable, desde 2017 existe no instituto unha liña de bolsas de investigación posdoutoral en bionanociencia .[5] Ese mesmo ano creouse tamén un programa de visitas de profesores de excelencia mediante o cal cada ano se lle ofrece a un científico de recoñecemento internacional a posibilidade de participar nas investigacións do instituto como profesor visitante; os dous primeiros foron Hagan Bayley, da Universidade de Oxford, e Amir Yacoby da Universidade Harvard.[6]

A modo de colaboración, o Instituto Kavli de Nanociencia de Delft encárgase do desenvolvemento do programa de investigación da Casimir Research School ("Escola de Investigación Casimir"), unha institución científica e académica dependente conxuntamente da Universidade de Leiden e da Universidade de tecnoloxía de Delft.[7]

  1. Kavli Institute of Nanoscience Delft Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine..
  2. "About Kavli Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Kavli Institute of Nanosciece Delft.
  3. "Faculty members Arquivado 02 de abril de 2016 en Wayback Machine.". Kavli Institute of Nanoscience Delft.
  4. Van Calmthout, M. "Topwetenschapper is natuurkundige of arts". En De Volkskrant. 27 de outubro de 2012.
  5. "Kavli Postdoctoral Fellowships Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Kavli Institute of Nanoscience Delft.
  6. "Kavli Chair Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Kavli Institute of Nanoscience Delft.
  7. Casimir Research School.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]