Organismo xeneticamente modificado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Transxénico»)
"Rosa azul" xeneticamente modificada, presentada por Suntory Flowers en 2009, Xapón.

Un organismo modificado xeneticamente (abreviado polas siglas OMX, OXM ou mesmo GMO, esta última do inglés Genetically Modified Organism) é un organismo cuxo material xenético foi alterado usando técnicas coñecidas como ADN recombinante ou enxeñaría xenética. ADN recombinante é a capacidade para combinar moléculas de ADN procedentes de diferentes fontes nunha molécula nun tubo de ensaio. Deste xeito as proteínas ou os fenotipos do organismos poden ser alterados desde os seus xenes.

A maioría das veces que se fala de organismos xeneticamente modificados referímonos a organismos transxénicos. OMX e transxénicos non son sinónimos: todo transxénico é un organismo xeneticamente modificado, mais non todo OXM é un transxénico.

Un transxénico é un organismo que posúe unha secuencia de ADN ou parte do ADN doutro organismo, pode até ser dunha especie diferente. Non obstante, un OXM é un organismo que foi modificado xeneticamente, mais pode ser que non recibise ningunha rexión doutro organismo. Por exemplo, unha bacteria pode ser modificada para expresar un xene ben mais veces. Iso non quer dicir que ela sexa unha bacteria transxénica, senón só un OMX, xa que non foi necesario inserir material externo. Outras veces o que se fai é inactivar un xene propio. Sempre que se insire un ADN exóxeno nun organismo, ese pasa a ser transxénico.

Debate ético[editar | editar a fonte]

Existe unha grande discordia relativa a este asunto, unha vez que os seus efectos nos seres humanos, nos animais e na terra aínda non son coñecidos a longo prazo. Así, poderán resultar irreversibelmente na contaminación xenética da vida, sen contar co feito de os alimentos do mundo enteiro se encontraren nas mans dunhas poucas multinacionais. A perda da soberanía alimentaria das poboacións é outro dos graves problemas da proliferación dos OXM.

Os defensores dos transxénicos argumentan que os transxénicos son usados co obxectivo de aumentar a produtividade e reduce o uso de pesticidas no agro. Porén, un artigo publicado na revista brasileira Valor Econômico o día 23 de abril de 2007, titulado "Avanço da soja transgênica amplia uso de glifosato", revelou que o uso de transxénico amplía o uso de glifosato [1]. Alén diso, un estudo na Universidade de Kansas, nos EUA, descubriu que a soia transxénica produce un 10 por cento menos que os alimentos convencionais e a propia Monsanto admitiu que "a soia non fora proxectada para aumentar os rendementos" [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.ecopress.jex.com.br/noticias/detalhes.php?id_jornal=2&id_noticia=24277 Arquivado 24 de outubro de 2013 en Wayback Machine.. Acceso o 11 de outubro de 2009
  2. http://www.independent.co.uk/environment/green-living/exposed-the-great-gm-crops-myth-812179.html. Acceso o 11 de outubro de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]