In vitro
In vitro é unha locución latina que significa literalmente "no vidro". Refírese a unha técnica para realizar un determinado experimento nun tubo de ensaio, ou xeralmente nun ambiente controlado fóra dun organismo vivo.
A fecundación in vitro é un exemplo amplamente coñecido, que consiste nun procedemento de reprodución asistida realizado nun laboratorio. Ao igual que outros moitos experimentos relacionados coa bioloxía molecular que se levan a cabo fóra dos organismos ou células, e nos que as condicións non representan necesariamente as condicións intracelulares, os resultados son mencionados a miúdo como in vivo ("que ocorre ou ten lugar nun organismo vivo), in vitro ou in silico ("feito por computadora ou mediante unha simulación computacional").
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: In vitro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 15 de marzo de 2016 en Wayback Machine.