Clon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

En xenética, un clon (grego κλώνος klōn, ‘fillo’) é un conxunto de seres xeneticamente idénticos que descenden dun mesmo individuo por mecanismos de reprodución asexual. O termo foi creado en 1903 por H. J. Webber coa explícita intención de contribuír ao desenvolvemento léxico da entón nova ciencia da xenética, e ese uso é o único válido na linguaxe científica. Respondía á necesidade de referirse a unha variedade de cultivo multiplicada exclusivamente de maneira vexetativa (mediante esquejes ou estacas), como era e é común respecto das árbores froiteiras. Os individuos xerados así son xeneticamente idénticos, o mesmo que os que se obteñen por partenogénesis ou mesmo por mecanismos sexuais de reprodución cando a homocigosis é completa e a recombinación xenética imposible. Pode chamarse reprodución clonal á reprodución asexual, aínda que non é un uso moi estendido.

Nos últimos decenios foi crecendo outra acepción, popularizada pola prensa e o cine, de acordo coa cal un clon é un individuo idéntico a outro obtido por técnicas xenéticas máis ou menos imaxinarias. Os clons así definidos non existen, na medida en que o fenotipo non depende só do genotipo, senón de mecanismos epigenéticos e de desenvolvemento nos que interveñen outros factores. Este uso actual do termo clon pode rastrexarse até o libro O shock do futuro (1970) do influente xornalista e activista estadounidense Alvin Toffler.

Na natureza a reprodución asexual ou clonal é moi frecuente, especialmente entre organismos unicelulares, como bacterias e moitos protistas, aínda que case sempre alternando con fases de reprodución sexual (ou parasexual), que aumentan a diversidade xenotípica da poboación.

Clonación[editar | editar a fonte]

Do uso de clon deriva o de clonación. A clonación é a acción de producir unha entidade biolóxica (gene, cromosoma, célula ou organismo) xeneticamente idéntica a outra a partir dunha existente. En contextos científicos o termo úsase principalmente para a reprodución idéntica de moléculas hereditarias (clonación de ADN).

A clonación de organismos é practicada sen coñecementos técnicos especiais na maioría das plantas vivaces, por medio de esquejes ou estacas. En animais prodúcense novos individuos a partir de fragmentos do corpo doutros en grupos relativamente simples, como as planarias, ou con elevadas capacidades de rexeneración espontánea, como anélidos (lombrigas de terra) ou equinodermos (estrelas de mar).

A clonación artificial de vertebrados baséase en substituír o núcleo dun óvulo sen fecundar, polo núcleo dunha célula adulta do individuo que se quere clonar. Resulta así o equivalente a un cigoto viable. A técnica (chamada de transferencia nuclear) aplicouse con éxito a ras desde 1952, pero non se logrou con mamíferos até hai unha década.

Calendario de éxitos:

Na película Os nenos do Brasil móstrase detalladamente o que se sabía nos anos 80 respecto diso.

Implicacións bioéticas[editar | editar a fonte]

A clonación, no sentido de multiplicación asexual, de seres humanos non debe ter a longo prazo obstáculos técnicos insalvables, o que deu lugar a un intenso debate ético e político sobre a forma de tratar a chamada clonación reprodutiva. O problema ético reside nas oportunidades de instrumentalización da vida humana á que se presta. Algúns imaxinan un problema con respecto á identidade dos individuos nados, aínda que os xemelgos idénticos (ou monocigóticos) son o resultado dun modo excepcional de multiplicación asexual, por escisión espontánea dun embrión normal. Os xemelgos idénticos son un clon (ou clon o un do outro, segundo o uso popular), sen que ninguén nunca dubide da posesión por eles de identidades persoais separadas.

A lexislación é variable entre países, e tende a distinguir a clonación de embriones con fins terapéuticos, da clonación reprodutiva, tendente a formar seres humanos completos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mittwoch, U. (2002). "Clone": the history of a euphonious scientific term. Medical History 46(3), 381-402.
  • Silver, L. M. (2001). What are clons? They’re not what you think they are. Nature, 412(6842), 21.
  • Toffler, A. Future Shock New York, Random House, 1970.
  • Webber, H. J. (1903) New horticultural and agricultural terms.Science 28, 501–503.