Saltar ao contido

Revolución verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revolución verde
 Subclase de
Datas
 Data de comezo
década de 1940 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
década de 1960 Editar o valor en Wikidata
 Período
Implicados
 Participantes
Identificadores
Freebase/m/0jlbv Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC112939947 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX548673
Wikidata

En círculos internacionais bautizouse co nome de Revolución Verde o importante incremento da produción agrícola que se deu en México a partir de 1943, como consecuencia do emprego de técnicas de produción modernas, concretadas na selección xenética e a explotación intensiva permitida polo regadío e baseada na utilización masiva de fertilizantes, pesticidas e herbicidas.

As novas técnicas fóronse incorporando con posterioridade a outros países do Terceiro Mundo, como a India (1965), ó tempo que se diversificou a súa aplicación a outros cultivos como o arroz ou o millo.

A importancia desta revolución radicou en que mostraba perspectivas moi optimistas con respecto á erradicación da fame e a desnutrición nos países subdesenvolvidos.

Os resultados en canto a aumento da produtividade foron espectaculares. En México, baste citar como exemplo ó trigo; a súa produción pasou dun rendemento de 750 kg. por hectárea en 1950, a 3,200 kg. na mesma superficie en 1970.

Pero os aspectos negativos non tardaron en aparecer: problemas de almacenaxe descoñecidos e prexudiciais, excesivo custo de sementes e tecnoloxía complementaria, a dependencia tecnolóxica, a mellor adaptación dos cultivos tradicionais eliminados ou a aparición de novas pragas. Polo que foi moi criticada dende diversos puntos de vista que van dende o ecolóxico ó económico, pasando polo cultural e incluso nutricional.