Árabe exipcio
| Árabe exipcio | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| اللغه المصريه الحديثه | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||
|
Xénero gramatical
| |||||||||||||||
|
Dialecto de
| |||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
O árabe exipcio é unha variedade da lingua árabe usada en Exipto que ten influencias doutros idiomas próximos. A constitución exipcia recoñece o idioma árabe como a lingua oficial de Exipto, sendo falado por case a totalidade dos seus máis de 80 millóns de habitantes.[1]
Todos os dialectos árabes coloquiais normalmente só son transmitidos oralmente, sen deixar nada escrito, mais a gran vitalidade do exipcio fai que sexa unha das que máis escritos posúe, especialmente de poesía e teatro. Grazas aos medios audiovisuais modernos, o árabe exipcio é a variedade de árabe máis coñecido do mundo islámico xa que é comprendido, en gran medida, nos países pertencentes ao mundo árabe oriental (Máshreq en árabe), e aínda que ten diferenzas con outros dialectos do Magreb, tamén é xeralmente comprendido.
A gramática do exipcio, como a de todos os dialectos árabes coloquiais, está simplificada en comparación co árabe clásico. Por exemplo, a maioría das vogais de unión omítense, e as formas nominais e verbais do dual substitúense con frecuencia polo plural. En fonoloxía, cinco consoantes cambian a súa pronunciación no exipcio: o dhal soa como dal, zha como dad, yim como o g de gato, qaf como o hamza (ʔ), e tha como ta (véxase alfabeto árabe).
Historia
[editar | editar a fonte]O árabe exipcio ten a súa orixe na zona do Delta do Nilo e no Baixo Exipto, arredor do Cairo. Descende do árabe falado que foi levado a Exipto polos conquistadores musulmáns no século VII, e o seu desenvolvemento histórico viuse moi influenciado polo copto do Exipto pre-islámico e posteriormente por outras linguas como o turco/turco otomán, italiano, francés e o inglés.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Árabe Egipcio" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2015. Consultado o 30 de abril de 2015.
- ↑ Tetsuo Nishio (1996).
- ↑ Wilson B.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Árabe exipcio |