Alfabeto siríaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa
Libro do século XI na variante Serto do siríaco.

O alfabeto siríaco úsase para escribir a lingua siríaca desde máis ou menos o século II. É un dos abjads semíticos que descende directamente do alfabeto protocananeo.

Notas xerais[editar | editar a fonte]

O siríaco escríbese de dereita a esquerda. É unha escritura cursiva (ligada), onde algunhas letras están conectadas dentro da mesma palabra, pero non todas. O alfabeto consta de 22 letras, todas consoantes. Os sons vocálicos coñécense quer pola memoria do lector quer pola puntuación (un sistema de marcas diacríticas para indicar a lectura correcta). De feito, hai tres letras que actúan como matres lectionis: máis que seren consoantes, indican unha vogal. A primeira letra, 'Ālaph, a miúdo representa un ataque glotal, pero tamén indica unha vogal ao inicio ou ao final dunha palabra. A letra Waw é tecnicamente unha w, pero pode tamén representar as vogais o e u. Do mesmo xeito, a letra Yōdh representa a consoante y, pero tamén está polas vogais i e e.

Formas do alfabeto siríaco[editar | editar a fonte]

Hai tres variantes principais do alfabeto siríaco. A forma máis antiga e clásica do alfabeto é o Estrangelā (o nome deriva da descrición grega στρόγγυλη, strongylē, 'redondo'). Aínda que o Estrangelā xa non se usa como a principal forma de escritura do siríaco, tivo un rexurdimento: emprégase en publicacións escolares (por exemplo na versión da Universidade de Leiden do Peshitta), en títulos e inscricións.

O dialecto siríaco occidental adoita escribirse na forma Sertā ('liña') do alfabeto, tamén coñecido como escritura Maronita ou Xacobita. A maioría das letras derivan claramente do Estrangelā, pero con liñas simplificadas e lixeiras. O alfabeto árabe está baseado no alfabeto nabateo, que se baseou nesta forma de escritura siríaca. A escrita occidental marca normalmente as vogais mediante as letras vocálicas gregas en miniatura enriba ou embaixo da letra á que seguen: Α (alfa maiúsculo) representa a, α (alfa minúsculo) representa ā (pronunciado como un o), ε (épsilon minúsculo) representa e e ē, Ι (iota maiúsculo) representa ī, e un símbolo combinado de Υ (ípsilon maiúsculo) e ο (ómicron minúsculo) representa ū.

O dialecto siríaco oriental escríbese normalmente na forma Madnhāyā ('oriental') do alfabeto. Outros nomes para a escrita inclúen Asirio (non confundir co nome tradicional do alfabeto hebreo), Caldeo, e, impropiamente, 'Nestoriano', un termo que se usou ao principio para designar os cristiáns que vivían no Imperio Persa. A escritura oriental parécese ao Estrangelā máis cá occidental. A escrita oriental usa un sistema de puntos enriba ou embaixo das letras para indicar as vogais.

Cando o árabe empezou a ser a lingua dominante no Crecente Fértil, houbo textos que se escribiron en árabe coa escritura siríaca. Estes textos reciben normalmente o nome de Karxuni ou Garxuni.

escritura siríaca Estrangelā[editar | editar a fonte]

Letra Formato
normal
Final
ligada
Final
non ligada
Carácter Unicode Pronunciación
'Ālaph Aramaic alap.svg     ܐ ʔ (oclusiva glotal xorda)
ou mudo
Bēth Aramaic beth.png Aramaic beth c.png   ܒ forte: b (oclusiva bilabial sonora)
suave: v (fricativa labiodental sonora) ou w (aproximante labiovelar)
Gāmal Aramaic gamal.png Aramaic gamal c.png   ܓ forte: g (oclusiva velar sonora)
suave: ɣ (fricativa velar sonora)
Dālath Aramaic daleth.png     ܕ forte: d (oclusiva alveolar sonora)
suave: ð (fricativa dental sonora)
Aramaic heh.png     ܗ h (fricativa glotal xorda)
Waw Aramaic waw.png     ܘ consoante: w (aproximante labiovelar)
mater lectionis: u (vogal posterior redondeada) ou o (vogal central redondeada)
Zayn Aramaic zain.png     ܙ z (fricativa alveolar sonora)
Hēth ou Khēth Aramaic kheth.png Aramaic kheth c.png   ܚ ħ (fricativa faringal xorda)
Tēth Aramaic teth.png Aramaic teth c.png   ܛ (oclusiva alveolar xorda faringalizada)
Yōdh Aramaic yodh.png Aramaic yodh c.png   ܝ consoante: j (aproximante palatal sonora)
mater lectionis: i (vogal anterior pechada non redondeada) ou e (vogal anterior semipechada non redondeada)
Kāph Aramaic kap.png Aramaic kap c.png Aramaic kap f.png ܟ forte: k (oclusiva velar xorda)
suave: x (fricativa velar xorda)
Lāmadh Aramaic lamadh.png Aramaic lamadh c.png   ܠ l (aproximante lateral alveolar)
Mīm Aramaic meem.png Aramaic meem c.png   ܡ m (nasal bilabial)
Nūn Aramaic noon.png Aramaic noon c.png Aramaic noon f.png ܢ n (nasal alveolar)
Semkath Aramaic simkath.png Aramaic simkath c.png   ܣ / ܤ s (fricativa alveolar xorda)
Aramaic ain.png Aramaic ain c.png   ܥ ʕ (fricativa faringal sonora)
Aramaic payin.png Aramaic payin c.png   ܦ forte: p (oclusiva bilabial xorda)
suave: f (fricativa labiodental xorda) ou w (aproximante labiovelar)
Sādhē Aramaic tsade.png     ܨ (fricativa alveolar xorda faringalizada)
Qōph Aramaic qoph.png Aramaic qoph c.png   ܩ q (oclusiva uvular xorda)
Rēš Aramaic resh.png     ܪ r (vibrante alveolar)
Šīn Aramaic sheen.png Aramaic sheen c.png   ܫ ʃ (fricativa postalveolar xorda)
Taw Aramaic taw.png     ܬ forte: t (oclusiva alveolar xorda)
suave: θ (fricativa dental xorda)
  Aramaic lamadh alap.png       Lāmadh e 'Ālaph combinadas
en final de palabra
  Aramaic taw alap.png       Taw e 'Ālaph combinadas
en final de palabra

Escritura siríaca Madnhāyā (oriental)[editar | editar a fonte]

Letra Formato
normal
Final
ligada
Final
non ligada
Carácter Unicode Pronunciación
'Ālaph SyriacAlaph.png SyriacAlaph2.png   ܐ ʔ (oclusiva glotal xorda)
ou mudo
Bēth SyriacBeth.png SyriacBeth2.png   ܒ forte: b (oclusiva bilabial sonora)
suave: v (fricativa labiodental sonora) ou w (aproximante labiovelar)
Gāmal SyriacGamal.png SyriacGamal2.png   ܓ forte: g (oclusiva velar sonora)
suave: ɣ (fricativa velar sonora)
Dālath SyriacDalath.png     ܕ forte: d (oclusiva alveolar sonora)
suave: ð (fricativa dental sonora)
SyriacHe.png     ܗ h (fricativa glotal xorda)
Waw SyriacWaw.png     ܘ consoante: w (aproximante labiovelar)
mater lectionis: u (vogal posterior pechada redondeada) ou o (vogal posterior semipechada redondeada)
Zayn SyriacZayn.png     ܙ z (fricativa alveolar sonora)
Hēth ou Khēth SyriacKheth.png SyriacKheth2.png   ܚ ħ (fricativa faringal xorda)
Tēth SyriacTeth.png SyriacTeth2.png   ܛ (oclusiva alveolar xorda faringalizada)
Yōdh SyriacYodh.png SyriacYodh.png   ܝ consoante: j (aproximante palatal sonora)
mater lectionis: i (vogal anterior pechada non redondeada) ou e (vogal anterior semipechada non redondeada)
Kāph SyriacKaph.png SyriacKaph2.png SyriacKaph3.png ܟ forte: k (oclusiva velar xorda)
suave: x (fricativa velar xorda)
Lāmadh SyriacLamadh.png SyriacLamadh2.png   ܠ l (aproximante lateral alveolar)
Mīm SyriacMeem.png SyriacMeem2.png   ܡ m (nasal bilabial)
Nūn SyriacNun.png SyriacNun2.png SyriacNun3.png ܢ n (nasal alveolar)
Semkath SyriacSimkath.png SyriacSimkath2.png SyriacSimkath3.png ܣ / ܤ s (fricativa alveolar xorda)
Syriac'E.png Syriac'E2.png   ܥ ʕ (fricativa faringal sonora)
SyriacPe.png SyriacPe2.png   ܦ forte: p (oclusiva bilabial xorda)
suave: f (fricativa labiodental xorda) ou w (aproximante labiovelar)
Sādhē SyriacSadhe.png     ܨ (fricativa alveolar xorda faringalizada)
Qōph SyriacQop.png SyriacQop2.png   ܩ q (oclusiva uvular xorda)
Rēš SyriacResh.png     ܪ r (vibrante alveolar)
Šīn SyriacSheen.png SyriacSheen2.png   ܫ ʃ (fricativa postalveolar xorda)
Taw SyriacTaw.png     ܬ forte: t (oclusiva alveolar xorda)
suave: θ (fricativa dental xorda)
  SyriacAlaph3.png       Forma de 'Ālaph tras Lāmadh
  SyriacTawAlaph.png       Taw e 'Ālaph combinadas en final de palabra cando Taw está ligada á letra precedente

O siríaco en Unicode[editar | editar a fonte]

O rango do Unicode siríaco é U+0700 ... U+074F.

    0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 A B C D E F
700   ܀ ܁ ܂ ܃ ܄ ܅ ܆ ܇ ܈ ܉ ܊ ܋ ܌ ܍ ܎ ܏
710   ܐ ܑ ܒ ܓ ܔ ܕ ܖ ܗ ܘ ܙ ܚ ܛ ܜ ܝ ܞ ܟ
720   ܠ ܡ ܢ ܣ ܤ ܥ ܦ ܧ ܨ ܩ ܪ ܫ ܬ ܭ ܮ ܯ
730   ܰ ܱ ܲ ܳ ܴ ܵ ܶ ܷ ܸ ܹ ܺ ܻ ܼ ܽ ܾ ܿ
740   ݀ ݁ ݂ ݃ ݄ ݅ ݆ ݇ ݈ ݉ ݊ ݋ ݌ ݍ ݎ ݏ

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]