Airbus A400M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Airbus A400M
A400M-1960.jpg
O segundo prototipo do A400M
Tipo transporte militar
Fabricante Airbus Military
Primeiro voo 10 de decembro do 2009
Estado En produción
Principais usuarios Forza aérea francesa
Forza aérea turca
Unidades construídas 12
Custo unitario 136 millóns de euros

O Airbus A400M é un avión de transporte militar de alcance longo e avión cisterna propulsado por catro motores turbohélice, deseñado pola corporación europea Airbus Military para cubrir as necesidades de transporte aéreo dos países europeos. Foi encargado por dez países para substituír varios modelos máis antigos, principalmente o Lockheed C-130 Hercules e o Transall C-160.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Debuxo dun A400 co logotipo da Luftwaffe.
Tren de aterraxe do A400M.

O proxecto comezou co grupo para o Futuro Transporte Aéreo Militar Internacional (FIMA - Future International Military Airlifter), establecido en 1982 por Aerospatiale, British Aerospace, Lockheed e MBB para o desenvolvemento do substituto do C-130 Hercules e Transall C-160. A variación necesidades e as complicacións da política internacional causaron un lento progreso. Lockheed abandonou o grupo en 1989 e empezou o desenvolvemento da segunda xeración do Hércules. Cando se uniron Alenia e CASA o grupo pasou a chamarse Euroflag.

As necesidades iniciais das nacións participantes (Francia, Alemaña, Italia, España, Reino Unido, Turquía, Bélxica e Luxemburgo) eran de 212 aeronaves. Coa marcha atrás de Italia e a revisión dos pedidos, as solicitudes pasaron a ser de 180 avións, co primeiro voo en 2008 e a primeira entrega en 2009. O 28 de abril de 2005 Suráfrica uniuse como membro do programa, aínda que o avandonou en novembro de 2009 alegando un sobrecusto de máis de 3.500 millóns de euros.

O Airbus A400M desenvolveuse principalmente como substituto dos C-130 e C-160, que actualmente son as principais aeronaves de carga dos países membros do grupo. Cando se complete o A400M será o primeiro Airbus construído cun propósito unicamente militar.

O 26 de xuño de 2008 tivo lugar en Sevilla a cerimonia de presentación mundial do primeiro A400M rematado. A cerimonia, tradicionalmente coñecida como 'roll-out' no sector aeronáutico, estivo presidida polo Rei Juan Carlos I de España,

Logo de tres anos de atraso, o primeiro voo do A400M foi realizado o 11 de decembro de 2009, engalando ás 10:15 pilotado por un español, Ignacio Lombo, e un británico, Edward Strongman, acompañados de catro enxeñeiros franceses.

Pedidos[editar | editar a fonte]

Primeiro Airbus A400M, na EADS de Sevila o 26 de xuño de 2008.
Data[2] Usuario Pedidos Entregas[3]
27 de maio de 2003 Alemaña Luftwaffe 53[4] 2014
Francia Armée de l'air 50 2013
España Ejército del Aire de España 27[5] 2015
Flag of the United Kingdom.svg Royal Air Force 22 2014
Flag of Turkey.svg Fuerza Aérea de Turquía 10 2013
Bélxica Forza Aérea de Bélxica 7 2018
Flag of Luxembourg.svg Forza aérea de Luxemburgo 1 2018
15 de decembro de 2004 Flag of South Africa.svg Fuerza Aérea Surafricana 0 (8 cancelados) Pedido cancelado
28 de febreiro de 2014 Flag of Chile.svg Fuerza Aérea de Chile (sen acadar) sen datos
8 de decembro de 2005 Flag of Malaysia.svg Real Forza Aérea Malaia 4 2014
Totais: 174

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]