Tren de aterraxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tren de aterraxe principal e de morro dun Airbus A330 da compañía Qatar Airways.

O tren de aterraxe[1] é a parte de calquera aeronave encargada de absorber a enerxía cinética producida polo contacto entre a aeronave e a pista durante a fase de aterraxe e engalaxe.

Función[editar | editar a fonte]

Durante a aterraxe, o tren debe absorber a enerxía cinética producida polo impacto. Os pneumáticos son o primeiro elemento que absorbe tal impacto, pero non é abondo; así o tren de aterraxe debe posuír un sistema de amortecemento para poder diminuír o impacto.

A velocidade de descenso dun avión na aterraxe, no momento de impacto co chan, é decisiva para a absorción de traballo dos amortecedores.

A expresión “enerxía de descenso” emprégase frecuentemente e é a enerxía cinética arbitrariamente asociada coa velocidade vertical. O sistema debe absorber a enerxía cinética, equivalente á caída libre do peso do avión dende 80 cm de altura.

O peso total do avión, a súa distribución sobre as rodas principais e a proa ou popa, a velocidade vertical de aterraxe, a cantidade de unidades de rodas, as dimensións e presión dos pneumáticos e outros, son os factores que inflúen sobre a amortecemento do choque e esta debe ser tal que a estrutura do avión non estea exposta a forzas excesivas.

Entón, a función do amortecedor do tren de aterraxe é reducir a velocidade vertical do avión a cero, de tal xeito que a reacción do chan nunca exceda dun certo valor, xeralmente un múltiplo do peso do avión, na aterraxe.

Notas[editar | editar a fonte]