Forza Aérea de Suráfrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Forza Aérea de Suráfrica
South African Air Force
South African Air Force emblem.svg
Activa1 de febreiro de 1920
PaísSudáfrica Suráfrica
TipoForza Aérea
Papelsupremacía e defensa aérea
Insignias
InsigniaRoundel of South Africa.svg
InsigniaRoundel of South Africa - Low Visibility.svg

A Forza Aérea de Suráfrica (SAAF) (afrikaans: Suid-Afrikaanse Lugmag) é a Forza Aérea de Suráfrica. Foi creada o 1 de febreiro de 1920 e ten a súa sede en Pretoria. A SAAF loitou na segunda guerra mundial e na guerra de Corea. Dende 1966 víuse envolta proporcionando apoio á infantería nunha guerra de baixa intensidade (guerra da fronteira de Suráfrica) en Angola, África do Suroeste (Namibia) e Rodesia. A medida que a guerra progresaba, a intensidade das operacións aéreas incrementouse ata que a finais dos anos 80 a SAAF víuse obrigada a realizar misións de caza contra avións angoleños para manter a superioridade aérea táctica. Ao remate da guerra da fronteira en 1990, o número de avións reducíuse severamente debido a presións económicas e ao cesamento das hostilidades cos estados veciños. No presente a SAAF ten unha capacidade de combate aéreo limitada e estruturouse para realizar operacións de cara o mantemento da paz rexional, de axuda en desastres ou de patrulla marítima.

Inventario[editar | editar a fonte]

SAAB JAS Gripen
AgustaWestland AW109
Boeing 737BBJ no aeroporto O. R. Tambo
Denel Rooivalk
Avión Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Avións de combate
JAS 39 Gripen Suecia multirol JAS 39C 17[1]
Guerra electrónica
Cessna 208 Estados Unidos interferencias de radar 1[1]
Douglas DC-3 Estados Unidos guerra electrónica 65ARTP 2[1] modificados con motores P&W PT6A Turboprop
Patrulla marítima
Douglas DC-3 Estados Unidos SAR/patrulla marítima 65ARTP 1[1]
Transporte
Boeing 737 Estados Unidos VIP BBJ 1[2]
Citation II Estados Unidos VIP 2[2]
Dassault Falcon 50 Francia VIP 2[2]
Dassault Falcon 900 Francia VIP 1[2]
Cessna 208 Estados Unidos utilitario/transporte 7[1]
CASA C-212 España utilitario/transporte 3[1]
Pilatus PC-12 Suíza utilitario/transporte PC-12NG 1[1]
Super King Air Estados Unidos utilitario/transporte 200/300 4[1]
Douglas DC-3 Estados Unidos transporte 65ARTP 3[1]
C-130 Hercules Estados Unidos transporte C-130B 6[1]
Helicópteros
Atlas Oryx Suráfrica utilitario/transporte 46[1] Derivado do SA330 Puma
Denel Rooivalk Suráfrica ataque 11 [1]
MBB/Kawasaki BK 117 Alemaña/Xapón utilitario 6[1]
AgustaWestland AW109 Italia utilitario lixeiro 27[1]
Adestradores
BAE Hawk Reino Unido adestrador avanzado 120 23[1]
Pilatus PC-7 Suíza adestrador Mk II 56[1]
JAS 39 Gripen Suecia adestrador de conversión JAS 39D 9 [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 "World Air Forces 2017". Flightglobal Insight. 2017. Consultado o 2018-11-24. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "squadrons 21". Flightglobal Insight. 2017. Consultado o 2018-11-24.