Aeroporto de Malmö

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Malmö

IATA: MMX – ICAO: ESMS
Sumario
Tipo público
Propietario Swedavia
Cidade/Illa Malmö, Lund
Localización Svedala
Coordenadas Coordenadas: 55°31′48″N 13°22′17″L / 55.53, 13.371388888889
Web https://www.swedavia.com/malmo
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
11/29 800 2 624 asfalto
17/35 2 800 9 186 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 2 218 245

O aeroporto de Malmö, ata o ano 2007 coñecido como aeroporto de Sturup (IATA: MMX, ICAO: ESMS) é o cuarto aeroporto máis concorrido de Suecia. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 218 245 pasaxeiros.[1] Está situado no municipio de Svedala, a uns 28 km ao leste de Malmö e a uns 26 do sueste de Lund.

A través da ponte de Öresund o aeroporto está a uns 55 quilómetros do centro de Copenhague, e a 47 do aeroporto de Copenhague-Kastrup. De feito, toda a cidade de Malmö atópase máis preto por estrada do aeroporto da capital danesa que do seu propio aeroporto, e só o de Copenhague é accesible por tren. O aeroporto de Malmö é pequeno, con voos regulares só a Estocolmo e coa aeroliña de baixo custo Wizz Air a varias cidades do centro e leste de Europa.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

As seguintes aeroliñas operan voos regulares e chárter dende Malmö:[2]

Aeroliñas Destinos
Adria Airways Estacional: Pristina
AIS Airlines Borlänge, Örebro
BRA Braathens Regional Airlines Estocolmo-Bromma, Visby
Estacional: Östersund
Czech Airlines Estacional: Praga
Norwegian Air Shuttle Estocolmo–Arlanda
Estacional: Gran Canaria
Ryanair Cracovia (comeza en outubro de 2017)[3]
Scandinavian Airlines Estocolmo–Arlanda
Estacional: Östersund
Wizz Air Belgrado, Bucarest, Budapest, Cluj-Napoca, Debrecen, Gdańsk, Iași (comeza en maio de 2018),[4] Katowice, Niš, Poznań, Skopje, Tuzla, Varsovia-Chopin

Carga[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
ASL Airlines Belgium Billund, Gdańsk, Moscova–Sheremetyevo, Minsk, San Petersburgo, Turku
Posten
operado por ASL Airlines Ireland
Estocolmo-Arlanda
Posten
operado por Amapola Flyg
Örebro, Umeå, Estocolmo-Arlanda
UPS Airlines Colonia/Bonn, Helsinqui, Oslo-Gardermoen
UPS Airlines
operado por West Air Sweden
Aarhus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Swedavia (ed.). "New passenger record for Swedavia in 2016". Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  2. Swedavia (ed.). "Destinos". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  3. Routes Online (ed.). "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  4. Ziarul de Iaşi (ed.). "Primele şase zboruri noi anunţate pentru 2018 de pe Aeroportul Iaşi". Consultado o 9 de setembro de 2017.