Killing in the Name
| Killing in the Name | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rage Against the Machine | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
"Killing in the Name" é un sinxelo da banda estadounidense de rap metal Rage Against the Machine, editado en novembro de 1992 e tirado do seu primeiro álbum Rage Against the Machine. O tema acadou o posto 25 nas listas de sinxelos inglesas.
O tema, composto pouco despois dos graves disturbios de Los Ángeles de 1992, trata do racismo institucionalizado nas forzas policiais dos Estados Unidos e a conseguinte brutalidade policial en nome da supremacía branca.
No ano 2009, a canción formou parte dunha exitosa campaña en Facebook para evitar que a canción gañadora do programa The X Factor acadase o número 1 en Nadal no Reino Unido 5 anos consecutivos. "Killing in the Name" converteríase no primeiro tema en acadar ese posto só a base de descargas.
O solo interpretado por Tom Morello para esta canción foi elixido pola revista NME como o cuarto mellor solo de todos os tempos[1].
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]- "Killing in the Name"
- "Darkness"
- "Clear the Lane"