Tangled
Tangled | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tangled |
Director | Nathan Greno Byron Howard |
Produtor | Roy Conli John Lasseter Glen Keane |
Guión | Dan Fogelman |
Intérpretes | Mandy Moore Zachary Levi Donna Murphy |
Música | Alan Menken |
Montaxe | Tim Mertens |
Estudio | Walt Disney Animation Studios |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $260 000 000[1] |
Recadación | $591 800 000 |
Na rede | |
https://movies.disney.com/tangled | |
|
Tangled é un filme estadounidense de animación dos estudios Disney, dirixido por Nathan Greno e Byron Howard e estreado no 2010. O filme é a 50ª animación do estudio, e é levemente baseado no conto de fadas alemán Rapunzel, dos Irmáns Grimm. Estreouse en Galiza en 2010 en castelán co título Enredados (Entrelaçados en Portugal).
Sinopse
[editar | editar a fonte]Flynn Rider, o máis buscado e encantador bandido do reino, agóchase nunha misteriosa torre e alí atópase con Rapunzel, unha fermosa e espelida rapaza cun cabelo dourado de 21 metros de longo, que vive encerrada alí dende fai anos. A partir do intre en que se coñecen vivirán emocionantes aventuras en compaña dun cabalo policía, un camaleón sobreprotector e un grupo de matóns.
Produción
[editar | editar a fonte]Tangled estivo en produción durante seis anos, custando máis de 260 millóns de dólares.[2]. Orixinalmente anunciouse en abril de 2007 que Dean Wellins ía codirixir o filme xunto con Glen Keane.[3] pero o 9 de outubro de 2008 anunciouse que ían ser substituídos por Byron Howard e Nathan Greno, que xa colaboraran no filme de 2008 Bolt. Keane permaneceu como un produtor executivo e supervisor da animación, mentres Wellins quedaba fóra da produción.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mandy Moore como Rapunzel
- Zachary Levi como Eugene "Flynn Rider" Fitzherbert
- Donna Murphy como Gothel
- Brad Garrett como Hook-Hand Thug
- Ron Perlman como Os irmáns Stabbington
- Jeffrey Tambor como Big Nose Thug
- Richard Kiel como Vladamir
- M. C. Gainey como Capitán da garda
- Paul F. Tompkins como Short Thug
- Tom Kenny como Garda
- Tim Brooke-Taylor como Home Vello
- Maurice Dean Wint como Paulo
- Frank Welker como Pascal e Maximus
- Delaney Rose Stein como Rapunzel de nena
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2010: Oscars: 1 Nomeamento: Mellor canción.
- 2010: Premios Annie: 2 nomeamentos, incluíndo Mellor filme de animación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ Chmielewski, Dawn C.; Eller, Claudia (21 de novembro de 2010). "Disney Animation is closing the book on fairy tales". Los Angeles Times. Consultado o 23 de novembro de 2010.
- ↑ "LaughingPlace.com: Rhett Wickham: Rapunzel Gets Second Director – Apr 12, 2007 (The #1 Site for Disney)". LaughingPlace.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2016. Consultado o 23 de novembro de 2010.
- ↑ "Ain't It Cool News: Glen Keane leaving Disney's RAPUNZEL. Who's stepping up?". AintItCool.com. 10 de outubro de 2008. Consultado o 13 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)