Jeff Bridges
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Jeffrey Leon Bridges 4 de decembro de 1949 Os Ánxeles |
| Residencia | Holmby Hills (pt) Nova York |
| Relixión | Budismo |
| Educación | University High School (en) HB Studio |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de televisión, actor de dobraxe, actor de cinema, produtor de cinema |
| Período de actividade | 1950 |
| Xénero artístico | Música country |
| Profesores | Sanford Meisner e Herbert Berghof (pt) |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Blue Note EMI |
| Familia | |
| Cónxuxe | Susan Geston (1977–) |
| Pais | Lloyd Bridges |
| Irmáns | Beau Bridges |
| Premios | |
| |
| Sitio web | jeffbridges.com |
Jeffrey Leon "Jeff" Bridges, nado nos Ánxeles (California) o 4 de decembro de 1949, é un actor e músico estadounidense. Gañou o Oscar ó mellor actor polo seu papel de Otis "Bad" Blake no filme de 2009 Crazy Heart.
Algúns dos filmes polos que é máis coñecido son Tron, Fearless, Iron Man, The Contender, Starman, The Fabulous Baker Boys, Jagged Edge, Against All Odds, The Fisher King, Un botín de 500.000 dólares, Seabiscuit, Tron: Legacy e O gran Lebowski.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Bridges casou con Susan Geston en 1977. O 19 de outubro de 2020, Bridges anunciou que lle diagnosticaron linfoma e que pasou por quimioterapia.[1] Bridges tamén anunciou que contraeu COVID-19 mentres estaba en tratamento e sinalou que foi unha experiencia difícil que, segundo dixo, fixo que o cancro "parecese como un pedazo de pastel". Dixo que agora está totalmente vacinado contra a COVID-19.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1969 | Silent Night, Lonely Night | John Young | |
| 1970 | Halls of Anger | Doug | |
| 1971 | A derradeira película | Duane Jackson | |
| The Yin and Yang of Mr. Go | Nero Finnighan | ||
| In Search of America | Mike Olson | ||
| 1972 | Fat City | Ernie | |
| Bad Company | Jake Rumsey | ||
| 1973 | Lolly-Madonna XXX | Zack Feather | |
| The Last American Hero | Elroy Jackson, Jr. | ||
| The Iceman Cometh | Don Parritt | ||
| 1974 | Un botín de 500.000 dólares | Lightfoot | |
| 1975 | Rancho Deluxe | Jack McKee | |
| Hearts of the West | Lewis Tater | ||
| 1976 | Stay Hungry | Craig Blake | |
| King Kong | Jack Prescott | ||
| 1978 | Alguén matou o seu home | Jerry Green | |
| 1979 | Winter Kills | Nick Kegan | |
| The American Success Company | Harry Flowers | ||
| 1980 | A porta do ceo | John L. Bridges | |
| 1981 | Cutter's Way | Richard Bone | |
| 1982 | Tron | Kevin Flynn/Clu | |
| Kiss Me Goodbye | Dr. Rupert Baines | ||
| The Last Unicorn | Príncipe Lír | Voz | |
| 1984 | Against All Odds | Terry Brogan | |
| Starman | Starman/Scott Hayden | ||
| 1985 | Jagged Edge | Jack Forrester | |
| 1986 | 8 Million Ways to Die | Matthew "Matt" Scudder | |
| The Morning After | Turner Kendall | ||
| 1987 | Nadine | Vernon Hightower | |
| 1988 | Tucker: The Man and His Dream | Preston Tucker | |
| 1989 | See You in the Morning | Larry Livingstone | |
| The Fabulous Baker Boys | Jack Baker | ||
| 1990 | Texasville | Duane Jackson | |
| 1991 | The Fisher King | Jack Lucas | |
| 1992 | American Heart | Jack Kelson | Tamén produtor |
| 1993 | The Vanishing | Barney Cousins | |
| Fearless | Max Klein | ||
| 1994 | Blown Away | Jimmy Dove/Liam McGivney | |
| 1995 | Wild Bill | James Butler 'Wild Bill' Hickok | |
| 1996 | White Squall | Capitán Christopher 'Skipper' Sheldon | |
| O amor ten dúas caras | Gregory Larkin | ||
| Hidden in America | Vincent | TV Tamén produtor executivo | |
| 1998 | O gran Lebowski | Jeffrey "The Dude" Lebowski | |
| 1999 | Arlington Road | Michael Faraday | |
| The Muse | Jack Warrick | ||
| Simpatico | Lyle Carter | ||
| 2000 | The Contender | Presidente Jackson Evans | |
| 2001 | Scenes of the Crime | Jimmy Berg | |
| K-PAX | Doutor Mark Powell | ||
| 2002 | Lost in La Mancha | Narrador | Voz Documental |
| 2003 | Masked and Anonymous | Tom Friend | |
| Seabiscuit | Charles S. Howard | ||
| 2004 | Unha muller difícil | Ted Cole | |
| 2005 | The Amateurs | Andy | |
| Tideland | Noah | ||
| 2006 | Stick It | Burt Vickerman | |
| 2007 | Surf's Up | Ezekiel 'Big Z' Topanga/Geek | Voz |
| 2008 | A Dog Year | Jon Katz | Telefilme |
| Iron Man | Obadiah Stane / Iron Monger | ||
| Nova York para principiantes | Clayton Harding | ||
| 2009 | The Open Road | Kyle | |
| Crazy Heart | Otis "Bad" Blake | Tamén produtor executivo | |
| The Men Who Stare at Goats | Bill Django | ||
| 2010 | Tron: Legacy | Kevin Flynn/Clu | |
| Valor de lei | Rooster Cogburn | ||
| 2011 | Pablo | Narrador/Profesor | |
| 2013 | R.I.P.D. | Bo | |
| 2014 | The Giver | The Giver | |
| Seventh Son | Master Gregory | ||
| 2015 | The Little Prince | The Aviator | Voz |
| 2016 | Hell or High Water | Marcus Hamilton |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arkin, Daniel (2020-10-19). "Jeff Bridges announces he has been diagnosed with lymphoma". NBC News. Consultado o 2020-10-19.
- ↑ "Jeff Bridges says he got Covid while in chemo and it made 'cancer look like a piece of cake'". 2021-09-13. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2022. Consultado o 2021-09-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jeff Bridges |
- Actores de California
- Actores de cinema dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Cantantes de California
- Nados en 1949
- Nados nos Ánxeles
- Paseo da Fama de Hollywood
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Óscar ó mellor actor