Geoffrey Rush
Geoffrey Rush | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Geoffrey Roy Rush |
Nacemento | 6 de xullo de 1951 |
Lugar | Toowoomba |
Nacionalidade | Australia |
Educado en | Universidade de Queensland, Everton Park State High School e L'École Internationale de Théâtre Jacques Lecoq |
Cónxuxe(s) | Jane Menelaus |
Fillos | James Rush |
Profesión | actor, actor de teatro, actor de cinema, produtor de cinema e actor de dobraxe |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Geoffrey Roy Rush, nado o 6 de xullo de 1951 en Toowoomba, é un actor australiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rush comezou a actuar na Queensland Theatre Company de Brisbane en 1971, traballando en 17 producións ata o ano 1975 cando foi a París para estudar mimo e pantomima na École Internationale de Théâtre Jacques Lecoq, de volta a Australia comezou de novo a traballar no QTC, compartindo en 1979 escenario, Waiting for Godot e apartamento con Mel Gibson[1] durante catro meses. En 1981 fixo a súa primeira actuación cinematográfica no filme australiano Hoodwink. En 1996 protagonizou Shine, co que gañou un Óscar ao mellor actor, o primeiro concedido a un actor australiano. Rush é tamén famoso por ter interpretado o capitán Barbossa desde 2002 na serie de filmes Pirates of the Caribbean.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Geoffrey Rush biography. Yahoo! Movies.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Geoffrey Rush ![]() |