David O. Russell
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de agosto de 1958 Manhattan |
| Residencia | Santa Monica |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Amherst College Mamaroneck High School (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
| Ocupación | produtor de cinema, escritor, guionista, director de cinema, realizador |
| Período de actividade | 1987 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Janet Grillo (1992–2007) |
| Fillos | Matthew Antonio Grillo Russell |
David Owen Russell, nado en Nova York o 20 de agosto de 1958 é un director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Russell naceu en Nova York, fillo de Maria Muzio e Bernard Markovski Russell.[1][2] Os seus pais traballaban para Simon & Schuster, onde o seu pai era presidente de vendas[3][4][5] e a súa nai secretaria.[6] O seu pai era de orixe xudía rusa e a súa nai italiana americana.[7]
Russell graduouse en artes no Amherst College, onde estudou tamén inglés e ciencias políticas, en 1981.[8] A súa tese tratou sobre a intervención estadounidense en Chile entre 1963 e 1973.[9]
Tras graduarse viaxou a Nicaragua, onde deu clases de literatura nun programa sandinista. Traballou tamén en pequenos empregos, incluíndo de camareiro.
En Boston dirixiu un documental sobre os inmigrantes panameños[10] que o levou a un posto de axudante de produción na serie de PBS Smithsonian World.[6] En 1987 escribiu, produciu e dirixiu Bingo Inferno: A Parody on American Obsessions.
A súa primeira longametraxe foi a comedia negra Spanking the Monkey e acadou o éxito con Tres reis.
Entre 2010 e 2013 logrou tres candidaturas ao Oscar ao mellor director, con The Fighter, Silver Linings Playbook e American Hustle.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Título | Ano | Acreditado como | Notas | |||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Director | Guionista | Produtor | Outro | |||
| Bingo Inferno: A Parody on American Obsessions | 1987 | Curtametraxe | ||||
| Hairway to the Stars | 1989 | Curtametraxe | ||||
| Spanking the Monkey | 1994 | Produtor executivo | ||||
| Flirteando co desastre | 1996 | |||||
| Tres reis | 1999 | |||||
| Adaptation | 2002 | Actor | ||||
| The Slaughter Rule | 2002 | |||||
| O reporteiro: a lenda de Ron Burgundy | 2004 | Produtor executivo | ||||
| I Heart Huckabees | 2004 | |||||
| Soldiers Pay | 2004 | |||||
| The Fighter | 2010 | |||||
| Silver Linings Playbook | 2012 | |||||
| American Hustle | 2013 | |||||
| Accidental Love | 2015 | Acreditado como "Stephen Greene" | ||||
| Joy | 2015 | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Klein, Amy (3 de marzo de 2005). "Q & A With Sharon Waxman". Jewish Journal. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 31 de outubro de 2014.
- ↑ Futterman, Ellen (February 23, 2011). "Oscar night for the Jews". St. Louis Jewish Light. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2011. Consultado o October 31, 2014.
- ↑ Film (2004-11-23). "The nutty director". Londres: Telegraph. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ Published: May 24, 2000 (24 de maio de 2000). "Paid Notice: Deaths RUSSELL, MARIA MUZIO - New York Times". Nytimes.com.
- ↑ NEWMAN, BRUCE (12 de setembro de 1999). "THE NEW SEASON/FILM: EMERGING DIRECTORS; Cutting the Apron Strings, a Director Turns to War - New York Times". Nytimes.com. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- 1 2 Gabler, Neal (11 de decembro de 2013). "David O. Russell: In Conversation". The New York Times. Consultado o 30 de outubro de 2014.
- ↑ Anderson, Ariston (13 de outubro de 2014). "David O. Russell to Receive Italian-American Icon Award". The Hollywood Reporter. Consultado o October 31, 2014.
- ↑ "David O Russell". The New York Times.
- ↑ "Before They Were Stars". Amherst College. Spring 2011. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2014.
- ↑ Jesse Fox Mayshark (2007). Post-Pop Cinema: The Search for Meaning in New American Film. Praeger. p. 93. ISBN 978-0275990800.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Waxman, Sharon, ed. (2005). Rebels on the Backlot: Six Maverick Directors and How They Conquered the Hollywood Studio System. HarperEntertainment..
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- David O. Russell na IMDb (en inglés).