Danny Boyle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Danny Boyle
Boyle en maio de 2019.
Nome completoDaniel Boyle
Alcume/outrosDanny
Nacemento20 de outubro de 1956 (67 anos)
LugarRadcliffe, Lancashire, Inglaterra Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
Educado enBangor University, Thornleigh Salesian College e Cardinal Newman Catholic High School
ProfesiónDirector e produtor de cine
(1980-presente)
Na rede
IMDB: nm0000965 Allocine: 17042 Allmovie: p188724 TCM: 510956
Musicbrainz: 0872536e-7000-450c-a6df-371cc5af0f87 Discogs: 2124997 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Danny Boyle, nado o 20 de outubro de 1956 en Radcliffe (Inglaterra), é un director e produtor de cinema inglés, coñecido por filmes como Trainspotting, 28 Days Later, Sunshine e Slumdog Millionaire, polo cal foi galardoado co Oscar ó Mellor Director.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Persoal[editar | editar a fonte]

Boyle naceu en Radcliffe (Lancashire), no seo dunha familia católica irlandesa de clase media. A súa nai nacera en Ballinasloe, Condado de Galway, e o seu pai en Inglaterra, pero de ascendencia inglesa. Durante un tempo, Boyle considerou seriamente seguir a súa vocación relixiosa e pasou a súa adolescencia nunha escola relixiosa. Posteriormente, estudará no Thornleigh Salesian College de Bolton, e na Universidade de Gales, Bangor. Durante a súa estadía universitaria, Boyle saíu coa actriz Frances Barber.

Comeza a súa carreira no teatro, primeiro coa Joint Stock Theatre Company e despois co Royal Court Theatre, onde foi director artístico dende 1982 até 1985 e director entre 1985 e 1987. As súas producións durante este período inclúen Victory, de Howard Barker, The Genius, de Howard Brenton e Saved, de Edward Bond. Boyle tamén dirixirá cinco producións para a Royal Shakespeare Company.

No 1980, Boyle comezará a traballar para a televisión como produtor da BBC de Irlanda do Norte, onde produciu, entre outros telefilmes, o controvertido filme de Alan Clarke Elephant antes de se converter en director en programas como Arise And Go Now, Not Even God Is Wise Enough, For The Greater Good, Scout e dous capítulos de Inspector Morse ("Masónica Mysteries" e "Cherub and Seraphim"). Tamén foi o responsable da exitosa serie da BBC2 Mr. Wroe's Virgins.

Profesional[editar | editar a fonte]

Danny Boyle en setembro de 2008.

Boyle comezará o seu debut como director de cinema con Shallow Grave, aclamada inmediatamente polo público e pola crítica. O seu seguinte filme foi Trainspotting, baseada na novela de Irvine Welsh. Ademais de ser un éxito no portelo, este filme é considerado un dos máis influentes e significativos da década dos noventa no Reino Unido.

Grazas ó seu traballo na aclamada Trainspotting co guionista John Hodge, o produtor Andrew Macdonald e o actor Ewan McGregor, Boyle puido da-lo chimpo a Hollywood. Declinou unha oferta para dirixir o cuarto filme da saga Alien , para dirixir A Life Less Ordinary, filme producido con capital británico.

O seguinte proxecto de Boyle será unha adaptación da novela de culto The Beach. Posteriormente colaborará co escritor Alex Garland no apocalíptico filme de terror 28 Days Later.

Entre os filmes The Beach e 28 Days Later, Boyle dirixirá dous telefilmes para a BBC no ano 2001: Vacuuming Completely Nude In Paradise e Strumpet. Tamén dirixirá unha curtametraxe, Alien Love Triangle (protagonizada por Kenneth Branagh), e participa no proxecto de tres curtas que formarían un filme. Este proxecto foi cancelado cando as dúas outras curtas se converteron en filmes independentes Mimic, protagonizada por Mira Sorvino e Impostor, con Gary Sinise.

No 2004, Boyle dirixirá Millions, con guión de Frank Cottrell Boyce . Sunshine Sunshine, filme de ciencia fición protagonizada por Cillian Murphy (28 Days Later), foi estreada no ano 2007. Ese mesmo ano estreouse a continuación de 28 Days Later,28 Weeks Later , producida por Boyle.

Frases[editar | editar a fonte]

  • Referíndose a un cura que o convencía para desistir da súa vocación relixiosa: "Non sei se me quería salvar a min ou ó clero."
  • "Unha vez tiveches todo, como un gran éxito no negocio do cine, é moi doado perderse. Rodea todo de xente intentando facerte convencer que fagas cousas, suxeríndote e ofrecéndoche negocios. A presión que implica decidir que farás a continuación é terrible. "

Filmografía[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Óscar[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor director Slumdog Millionaire Gañador
2010 Mellor filme 127 Hours Candidato
2010 Mellor guión adaptado 127 Hours Candidato
1996 Mellor guión adaptado Trainspotting Candidato

Premios Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor director Slumdog Millionaire Gañador

Premios BAFTA[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor director Slumdog Millionaire Gañador

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]