Winter's Bone é un filme independente estadounidense dirixido e escrito por Debra Granik que se estreou no 2010. Baséase na novela homónima de Daniel Woodrell. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, que interpreta a unha adolescente dunha zona rural dos Estados Unidos, que para protexer a súa familia, debe atopar ó seu pai desaparecido.
Ree Dolly (Lawrence) vive nunha zona rural dos montes de Missouri. É unha rapaza de 17 anos que ten que facerse cargo da súa familia nunha situación de estrema precariedade. O seu pai Jessup, tras saír do cárcere en liberdade condicional, desapareceu de súpeto, e se non aparece, en poucos días perderán a casa onde Ree vive coa súa nai enferma e os seus dous irmáns máis novos. Atopar ó seu pai convértese entón para a moza nunha cuestión vital.