Alejandro González Iñárritu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandro González Iñárritu
Alejandro González Iñárritu with a camera in production Cropped.jpg
Iñárritu no 2008.
Nome completoAlejandro González Iñárritu
Nacemento15 de agosto de 1963 (59 anos)
LugarCidade de México
NacionalidadeFlag of Mexico.svg México
Educado enUniversidad Iberoamericana
Cónxuxe(s)María Eladia Hagerman
ProfesiónDirector, produtor, guionista
Na rede
IMDB: nm0327944 Allocine: 35365 Rottentomatoes: celebrity/alejandro_gonzalez_inniaritu Allmovie: p297411 TCM: 977903
Musicbrainz: c5990191-1ae2-4367-b756-07104f6ae841 Discogs: 1093089 Editar o valor em Wikidata
Alejandro Gonzalez Innaritu Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Alejandro González Iñárritu, nado na Cidade de México o 15 de agosto de 1963 é un director de cinema mexicano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de México, entre os dezasete e os dezanove anos, viaxou por Europa e África. El mesmo declarou que estas viaxes influíron no seu cinema.

De volta en México estudou comunicación na Universidad Iberoamericana e en 1984 comezou a súa carreira radiofónica na emisora musical WFM, da que se converteu en director catro anos máis tarde. Entre 1987 e 1989 tamén compuxo a banda sonora de seis filmes mexicanos.

Na década de 1990 fundou Z Films con Raúl Olvera, coa que comezou a escribir, producir e dirixir curtametraxes e anuncios, para pasar logo á dirección de televisión en 1995.

En 1999 dirixiu a súa primeira longametraxe, Amores perros, escrita por Guillermo Arriaga. Estreado no Festival de Cannes, foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa entre outros premios e deu a coñecer o actor Gael García Bernal. Tralo éxito, Iñárritu e Arriaga volveron á estrutura de historia ligadas con 21 Grams, con Benicio del Toro, Naomi Watts e Sean Penn.

Os seus seguintes filmes foron Babel, rodada en catro países de tres continentes e en catro linguas e Biutiful, con Javier Bardem, Birdman, e The Revenant. Con estes dous últimos filmes gañou o Óscar ao mellor director en anos consecutivos 2014 e 2015.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]