Hans Zimmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Zimmer
Nome completoHans Florian Zimmer
Nacemento12 de setembro de 1957
Lugar de nacementoFrankfurt
NacionalidadeAlemaña e Estados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
Alma máterHurtwood House
Ocupacióncompositor, guitarrista, pianista, produtor musical e compositor de bandas sonoras
CónxuxeVicki Carolin e Suzanne Zimmer
FillosJake Zimmer, Zoë Zimmer e Paul Drieux Zimmer
PremiosÓscar á mellor banda sonora, Officer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Stephen Hawking Medal For Science Communication, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, Placa Goethe da Cidade de Frankfurt am Main, Grammy Award for Best Arrangement, Instrumental and Vocals, star on Hollywood Walk of Fame, Globo de Ouro de melhor banda sonora original, Óscar á mellor banda sonora, Premios Óscar, Premio Globo de Ouro, Premios Grammy, Premios Saturn e Disney Legends
Na rede
http://www.hanszimmer.com e https://www.hanszimmerlive.com/
IMDB: nm0001877 Allocine: 40066 Allmovie: p117980 TCM: 212676 IBDB: 70765
Facebook: 100044293396354 Twitter: HansZimmer Instagram: hanszimmer MySpace: hanszimmermusic Youtube: UCJeBQabyLa_FvMxb6G67lkw TikTok: hanszimmer Souncloud: hanszimmer Spotify: 0YC192cP3KPCRWx8zr8MfZ iTunes: 454295032 Last fm: Hans+Zimmer Musicbrainz: e6de1f3b-6484-491c-88dd-6d619f142abc Songkick: 251898 Discogs: 59656 Allmusic: mn0000961427 Deezer: 1935 Genius: Hans-zimmer Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hans Florian Zimmer, nado en Frankfurt, Hesse, o 12 de setembro de 1957, é un compositor alemán. É un dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos en Hollywood. Pioneiro na utilización do uso de computadoras, tecnoloxía de sintetizadores dixitais e teclados xunto a orquestras sinfónicas tradicionais, en melodías de cine e televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pequeno recibiu clases de piano, e máis tarde trasladouse a Londres onde realizou os seus estudos entrando no mundo da música durante unha longa colaboración co seu mentor Stanley Myers. A comezos dos oitenta mergullouse no mundo do synthpop e new wave, formando con Warren Cann, batería de Ultravox, e Zaine Griff un proxecto musical dese estilo, chamándoo Helden, que gravou cancións e saíu de xira durante 1983; pero a agrupación tivo curta duración. En 1986 realizou o seu primeiro traballo autónomo en Vardo, aínda que seguiu colaborando con Myers ata 1988.

En 1988 preséntase Rain Man dirixida por Barry Levinson e acompañada co traballo musical de Hans Zimmer. Con isto, o mundo cinematográfico fixa a súa atención no novo compositor que escribe melodías moi rítmicas, con temas moi identificativos e totalmente acoplables nunha película.

Tras o éxito de Rain Man, Hans Zimmer intégrase en Hollywood e realiza dous traballos moi importantes: Black Rain e Paseando a Miss Daisy. 1994 Será recordado por un só disco, The Lion King (O Rei León) que lle mereceu o premio Oscar á mellor banda sonora. En 1998 realízase unha ambiciosa produción animada da DreamWorks, The Prince of Egypt onde realizou un traballo xenial. As cancións mostran claramente a man de Zimmer. Conságrase en 2000 coa autoría de A ruta cara ao Dourado e Gladiator que se converte nun éxito de público e nun dos seus traballos máximos.

Nos últimos anos, Zimmer compuxo a música dos filmes The Last Samurai, Batman empeza (en colaboración con outro gran compositor, James Newton Howard). Tamén fixo composicións para: Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest, Pirates of the Caribbean: At World's End e Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides, nas cales foi perfeccionando progresivamente o gran traballo do seu predecesor Klaus Badelt.

Sen dúbida, podemos dicir que Hans Zimmer é un dos grandes compositores dos nosos tempos e, por suposto, un dos nomes que pasará á historia do cine.

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]