Banksy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banksy
AlcumeBanksy
Nacemento28 de xullo de 1974 e c. 1974
Lugar de nacementoBristol e Yate
NacionalidadeReino Unido
Ocupacióndirector de cinema, pintor, activista político, artivista, artista de rua, escritor, escultor, grafiteiro, activist shareholder e muralista
Coñecido porOne Nation Under CCTV, Slave Labour, Love Is in the Bin e Exit Through the Gift Shop
PremiosIndependent Spirit Awards
Na rede
https://banksy.co.uk
IMDB: nm2612991 Allocine: 422822 Allmovie: p607868
sen valor sen valor Instagram: banksy Youtube: UCxbCoGJrG1TYaQ36fP7Huuw Musicbrainz: dacf0119-dd09-4f80-b693-c0e5bb3d2a43 Discogs: 1117593 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Banksy é o pseudónimo dun grafiteiro británico, que se cre naceu preto de Bristol en 1974. Especúlase que o artista suízo Maître de Casson pode ser Banksy[1]. Maître de Casson nega isto na súa páxina web[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graffiti en Londres.
Esténcil "Varrendo en Hoxton"

Segundo Tristan Manco, Banksy "naceu en 1974 e criouse en Bristol, Inglaterra. Fillo dun técnico de fotocopiadoras, empezou de carniceiro pero empezou a grafitear durante o boom que tivo esta actividade na súa cidade a final dos anos 80s"[3].

As súas creacións apareceron en cidades de todo o mundo. Iniciou a súa carreira no ambiente cultural que se creou no metro de Bristol e no que colaboraron tamén artistas e músicos.

Banksy non vende fotos das súas creacións nas rúas. Sábese de casas de poxas que tentaron vender as súas creacións no mesmo sitio onde foron feitas, sen importarlle a maneira como o gañador da poxa retiraría logo a obra adquirida.

A obra "'The Flower Chucker" foi incluída na longametraxe The Age of Stupid como mostra representativa de toda a arte moderna almacenada para despois do final do mundo tal e como o coñecemos.

Exit Through The Gift Shop, a súa primeira película, debutou no Festival de Sundance de 2010 e foi estreada no Reino Unido o 5 de marzo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dobke, Hans-Heiner (2019-12-09). "Ist Banksy der Leipziger Maler Maître de Casson?". TRENDKRAFT (en alemán). Consultado o 2020-11-26. 
  2. "Maître de Casson". maitredecasson.com. Consultado o 2020-11-26. 
  3. Manco, Tristan (11 marzo 2002). Stencil Graffiti. London: Thames & Hudson. p. 74. ISBN 978-0500283424

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]