Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Deathly Hallows – Part 1 |
Director | David Yates Ben Hibon (dirixiu O conto dos tres irmáns xunto a David Yates) |
Produtor | David Heyman David Barron J. K. Rowling |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e as reliquias da morte de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Ralph Fiennes Alan Rickman Helena Bonham Carter Bill Nighy Rhys Ifans |
Música | Alexandre Desplat Conrad Pope John Williams |
Fotografía | Eduardo Serra |
Montaxe | Mark Day |
Estudio | Heyday Films |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 19 de novembro de 2010 |
Duración | 146 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Fantasía Drama |
Orzamento | $250 000 000 (xunto á 2ª parte)[2] |
Recadación | $960 283 305 |
Filme anterior | Harry Potter e o misterio do príncipe |
Filme seguinte | Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) |
Na rede | |
http://harrypotter.warnerbros.com/harrypotterandthedeathlyhallows | |
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) é unha película de fantasía e drama[1][3] dirixida por David Yates e a primeira das dúas baseadas na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sétimo filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman, David Barron e Rowling. A historia céntrase na busca que emprende Harry Potter co obxectivo de atopar e destruír os Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Helena Bonham Carter e Alan Rickman.
O filme tivo a súa estrea en todo o mundo en cines 2D e IMAX o 19 de novembro de 2010.[4][5][6][7] A produción do filme comezou o 19 de febreiro de 2009 e rematou o 12 de xuño de 2010.[8]
Durante a fin de semana despois da súa estrea, esta primeira parte recadou 330 millóns de dórales, a máis alta do ano 2010.[9] A recadación nas salas internacionais ascende a 954,5 millóns de dólares estadounidenses,[10] converténdoa na terceira película con maiores recadacións de 2010 detrás de Toy Story 3 e Alice in Wonderland.[11].
Sinopse
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Harry Potter e as reliquias da morte.
Despois dos acontecementos ao final do ano anterior Harry, Ron e Hermione van á procura e destrución dos Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. Suponse que é o seu sétimo e último ano de estudos en Hogwarts, pero a desorde no Ministerio de Maxia e o alzamento no poder do Señor Escuro evitan a súa asistencia. Os tres amigos emprenden un camiño que os levará a loitar contra os Devoradores da Morte e a descubrir os poderes das reliquias da morte. Asemade, a conexión entre Harry e a mente de Voldemort faise máis forte.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme.
- Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry.
- Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry.
- Helena Bonham Carter como Bellatrix Lestrange, unha das Devoradoras da Morte máis leais a Lord Voldemort.
- Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques e profesor de Coidado de Criaturas Máxicas en Hogwarts.
- Warwick Davis como Griphook, un sumicio e antigo empregado no Banco Gringotts.
- Ralph Fiennes como Lord Voldemort, o meigo escuro, que busca conquistar o mundo máxico.
- Michael Gambon como Albus Dumbledore, o antigo director de Hogwarts, asasinado por Severus Snape.
- Brendan Gleeson como Ollotolo Moody, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix.
- Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry.
- John Hurt como Ollivander, variñeiro secuestrado polos Devoradores da Morte.
- Rhys Ifans como Xenophilius Lovegood, o escéntrico pai de Luna, amiga do trío protagonista.
- Jason Isaacs como Lucius Malfoy, o pai de Draco Malfoy e un dos Devoradores da Morte.
- Bill Nighy como Rufus Scrimgeour, o novo Ministro de Maxia.
- Alan Rickman como Severus Snape, un espía entre os Devoradores da Morte e o novo director de Hogwarts.
- Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry.
- Timothy Spall como Peter Pettigrew, o Devorador da Morte que traizoou os pais de Harry.
- Imelda Staunton como Dolores Umbridge, a subsecretaria do Ministerio e xefa da Comisión de Rexistro da Descendencia Muggle.
- David Thewlis como Remus Lupin, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix.
- Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry.
- Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
- Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "BBFC: Harry Potter and the Deathly Hallows - Part 1". BBFC. Consultado o 6 de decembro de 2010.
- ↑ Frankel, Daniel (17 de novembro de 2010). "Get Ready for the Biggest 'Potter' Opening Yet". The Wrap. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2010.
- ↑ "Warner Bros. Shop: "Harry Potter and the Deathly Hallows - Part 1"". Warner Bros. Shop. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ "Release Date Set for Harry Potter 7: Part I". Comingsoon.net. 25 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2008. Consultado o 24 de maio de 2008.
- ↑ "IFCO: Irish Film Classification Office – Reviews of Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 1". Ifco.ie. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2010.
- ↑ "WB Sets Lots of New Release Dates!". Comingsoon.net. 25 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2009.
- ↑ Tyler, Josh (8 de outubro de 2010). "Part 1 Not in 3D". Cinema Blend. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2010.
- ↑ Schwartz, Alison (14 de xuño de 2010). "Daniel Radcliffe Calls Wrapping Up Harry Potter Devastating". People. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2011. Consultado o 9 de febreiro de 2011.
- ↑ "Worldwide Openings". Box Office Mojo. Consultado o 19 de maio de 2011.
- ↑ "Harry Potter and the Deathly Hallows Part 1 (2010)". Box Office Mojo. Consultado o 8 de decembro de 2010.
- ↑ "2010 Worldwide Grosse". Box Office Mojo. Consultado o 9 de febreiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2010
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por David Yates
- Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat
- Filmes de Harry Potter
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes de Heyday Films
- Filmes rodados en Londres
- Filmes rodados no Reino Unido
- Filmes rodados en Buckinghamshire
- Filmes ambientados en 1997
- Filmes ambientados en Escocia
- Filmes baseados en obras de J. K. Rowling
- Filmes sobre feiticería
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX
- Filmes de 2010 con versión en galego