Tom Hooper
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Thomas George Hooper 5 de outubro de 1972 (52 anos) Londres (Reino Unido) |
Educación | University College Westminster School Highgate School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, director de televisión, produtor de cinema |
Período de actividade | 1990 - |
Premios | |
| |
|
Thomas George Hooper, nado en Londres o 1 de outubro de 1972 é un director de cinema e de televisión británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Decidiu dedicarse á dirección tras ler un libro sobre o tema aos doce anos, comezando a gravar películas caseiras. A súa curtametraxe Bomber Jacket, que fixo aos catorce anos, foi finalista dun premio de novos talentos da BBC. Escribiu o seu primeiro guión aos dezaseis anos, e pasou os dous seguintes buscando financiamento.
Tras graduarse na Universidade de Oxford decidiu dirixir anuncios como forma para entrar na industria audiovisual, como fixeron Ridley Scott ou Tony Scott. De aí pasou a dirixir capítulos de moitas series da BBC.
O seu primeiro filme foi o drama Red Dust en 2004. Tralo debut, seguiu traballando na televisión, facendo miniseries como Elizabeth I, con Helen Mirren, que levou a Tom Hanks a propoñelo como director de John Adams. O éxito desta serie fixo que aumentasen as ofertas para dirixir filmes, pero Hooper rexeitounas.
O seu seguinte filme foi The Damned United, sobre o adestrador de fútbol Brian Clough, que foi finalmente estreado en 2009, o mesmo ano que comezou The King’s Speech, coa que gañou o oscar ao mellor director entre outros premios.
En 2012 levou ao cinema o musical Les Misérables.
Obra
[editar | editar a fonte]- 2001 - Love in a Cold Climate (serie)
- 2002 - Daniel Deronda (serie)
- 2003 - Prime Suspect 6: The Last Witness (serie)
- 2004 - Red Dust
- 2005 - Elizabeth I (serie)
- 2006 - Longford (telefilme)
- 2008 - John Adams (serie)
- 2009 - The Damned United
- 2010 - The King's Speech
- 2012 - Les Misérables
- 2015 - The Danish Girl
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tom Hooper na IMDb (en inglés).