Black Swan
| Black Swan | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clint Mansell | |||||||||||
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||
|
Cor
| |||||||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Creador/a
| |||||||||||
|
Interpretado por
| |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||||
|
Coreógrafo/a
| |||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||||
|
Deseñador/a vestiario
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||||
|
Representa a
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||||
|
Produtor/a executivo
| |||||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||||
|
Recadación
| |||||||||||
|
Custo
| |||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Black Swan é un filme de suspense psicolóxico e horror[1][2] dirixido por Darren Aronofsky e estreado en 2010. Está protagonizado por Natalie Portman, Vincent Cassel e Mila Kunis.
Natalie Portman gañou un Oscar, un Globo de Ouro e o Premio da Asociación de Críticos e Guionistas estadounidenses pola súa actuación neste filme.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Thomas Leroy (Vincent Cassel), director dunha compañía de ballet de Nova York, decide substituír a bailarina principal da compañía, Beth MacIntyre (Winona Ryder), por Nina Sayers (Natalie Portman) para a nova produción, unha nova versión d'O lago dos cisnes. Beth, anoxada, sofre un accidente e Nina pensa que é a culpable.
Nina vive con Erica (Barbara Hershey), bailarina retirada e unha nai moi autoritaria quen segue a tratala como a unha nena. Atopa competencia en Lily (Mila Kunis), unha talentosa bailarina que acaba de chegar á compañía. Nina é abrumada por unha inmensa presión cando descobre que ten que competir por ser a Raíña Cisne, o que lle causa perdas da noción da realidade.
O Lago dos Cisnes precisa dunha bailarina que poida interpretar o inocente Cisne Branco, moi acaído á personalidade doce de Nina. Porén, tamén ten que ser quen de interpretar o malvado Cisne Negro, que concorda coa personalidade sensual e forte de Lily.
A rivalidade das dúas rapazas torna en amizade. Nina comeza a explorar o seu propio lado escuro, que sobresae cada vez con máis forza.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Natalie Portman como Nina Sayers
- Mila Kunis como Lily
- Vincent Cassel como Thomas Leroy
- Barbara Hershey como Erica Sayers
- Winona Ryder como Beth MacIntyre
- Benjamin Millepied como David Moreau
- Ksenia Solo como Veronica
- Kristina Anapau como Galina
- Janet Montgomery como Madeline
- Sebastian Stan como Andrew
- Toby Hemingway como Tom
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2010: Oscar á mellor actriz (Natalie Portman). 5 nomeamentos, incluído mellor filme.
- 2010: Globo de Ouro á mellor actriz (Natalie Portman). 4 nomeamentos, incluído mellor filme.
- 2010: BAFTA á mellor actriz (Natalie Portman). 12 nomeamentos, incluído mellor filme.
- 2010: Festival de Venecia: Mellor actriz ou actor moza/o (Mila Kunis).
- 2010: 4 Independent Spirit Awards: mellor filme, director, actriz (Natalie Portman) e fotografía.
- 2010: Satellite Awards: 5 nomeamentos, incluído director e actriz principal (Natalie Portman).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Direct Effect Season 1, Episode 7 Darren Aronofsky of BLACK SWAN". Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Fox Movie Channel Originals. TV Guide. October 8, 2011.
- ↑ "'Black Swan' director Darren Aronofsky likes a challenge". Los Angeles Times. 9 de decembro de 2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Páxina Web oficial (en inglés)
- Filmes de 2010
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Darren Aronofsky
- Filmes de Fox Searchlight Pictures
- Filmes de Dune Entertainment
- Filmes de Cross Creek Pictures
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes de terror psicolóxico