Carlos Pereira Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Pereira Martínez

en Culleredo presentando un libro en 2012.
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 858 AELG: 59

Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reside na actualidade na Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade Historia, pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, realizou os Cursos de doutoramento en Historia Medieval no Departamento de Historia Medieval, Moderna e Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. Traballa na súa tese de doutoramento sobre A Orde do Temple nos reinos de Galicia e León. Profesionalmente é Historiador do Concello de Culleredo. Dedicoulle varios artigos á pianista e compositora Emilia Quintero Calé.[1][2]

É membro numerario da Sociedad Española de Estudios Medievales, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, exvicepresidente da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, do padroado e do consello reitor da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais, da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, do Ateneo Republicano de Galicia, do Consello de Redacción da revista Dez-Eme, da Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras e do Comité científico da revista Anuario Brigantino do Concello de Betanzos. Tamén formou parte do colectivo poético Os habitantes do lago, e foi un dos fundadores do grupo de teatro Maiolongo de Culleredo en 1976.

Colabora coa Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA), e ten participado, en exposicións artísticas individuais ou colectivas en toda Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Sésamo e Sueiro. Dende a Prehistoria á Idade Media, 1997.
  • Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia, 1998, edición do autor.
  • Historia das parroquias de Sésamo e Sueiro, 1998, Asociacións de Veciños de Sésamo-Sueiro, 1997.
  • Anxo Senra Fernández. Vida e obra, 1999, Toxosoutos.
  • Os templarios. Artigos e ensaios, 2000, Toxosoutos. Versión en castelán na mesma editora en 2002.[3]
  • A Cultura en Culleredo na IIª República: o 'Ateneo de la Villa de Rutis', 2001, Ateneu Libertario Ricardo Mella.
  • Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), 2002, Trifolium.
  • A Galicia heterodoxa, 2010, Espiral Maior.

Poesía[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Miradoiro da Ría. Artigos en El Metropolitano e El Entorno Metropolitano, 2001, edición do autor.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Ana Romero Masiá.
  • Primeiro premio da XXXVII edición do Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Río Alzheimer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pereira Martínez, Carlos (2 de febreiro de 2021). "A pianista coruñesa Emilia Gómez Quintero Calé: os anos de formación (1864-1884)". Symphonia. Consultado o 2023-09-18. 
  2. Pereira Martínez, Carlos (6 de febreiro de 2020). "Un poema de Manuel Curros Enríquez dedicado á pianista Emilia Quintero Calé". Terra e Tempo. Consultado o 2023-09-18. 
  3. "Los templarios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-09.