Fernando Pessoa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Fernando António Nogueira Pessoa | |
|---|---|
| Retrato de Pessoa | |
| Nacemento: | 1888 Lisboa, Portugal |
| Falecemento: | 1935 Lisboa, Portugal |
| Lingua de escrita: | Portuguesa |
| Xénero(s): | Poesía |
Fernando António Nogueira Pessoa (1888-1935, Lisboa) foi un poeta e escritor portugués. O seu libro máis coñecido é Mensagem. Pessoa é considerado, en conxunto con Camões, un dos máis importantes poetas de lingua portuguesa. O crítico literario Harold Bloom considerouno, no seu libro The Western Canon ("O canone occidental"), o máis representativo poeta do século XX, xunto con Pablo Neruda.
Índice |
[editar] Biografía
Aínda que naceu en Lisboa, Fernando Pessoa viviu toda a súa infancia e adolescencia en Durban, Sudáfrica, o que lle proporciona un profundo contacto coa lingua inglesa. Perdeu a seu pai, vítima de tuberculose, cando tiña cinco anos de idade e súa mai casou novamente cando tiña sete. Terminou os seus estudos naquel país na Universidade do Cabo (onde recibirá o Queen Victoria Memorial Price ao mellor ensaio). Mentres estudaba, regresou a Portugal durante un ano para reencontrar as familias paterna (en Tavira) e materna (na Illa Terceira).
Regresou definitivamente a Lisboa en 1905, frecuentando durante dous anos o curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. Pasa a se dedicar, no entanto, á tradución de correspondencia comercial.
Pessoa é internado o día 29 de novembro de 1935, no Hospital de S. Luis dos Franceses, vítima dunha crise hepática. O 30 de novembro morre. Nos últimos momentos da súa vida pide os anteollos e clama polos seus heterónimos.
Na conmemoración do centenario do seu nacemento en 1988 o seu corpo foi transladado para o Mosteiro dos Xerónimos, confirmando o recoñecemento que non tivo en vida.
[editar] Obra poética
Considérase que a grande creación estética de Pessoa foi a xénese heteronímica practicada na súa obra. Os heterónimos, diferentes dos pseudónimos, son personalidades poéticas completas: identidades, que, en principio falsas, tórnanse verdadeiras a través da súa manifestación artística propia e diversa do autor orixinal. Entre os heteronimos, o propio Fernando Pessoa pasou a ser chamado ortónimo, xa que era a personalidade orixinal. Entre tanto, co amadurecemento de cada unha das outras personalidades, o propio ortónimo tornouse apenas máis un heterónimo entre os outros. Os tres heterónimos máis coñecidos (e tamén aqueles con maior obra poética) foron Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro.
A través dos heterónimos, Pessoa conduciu unha profunda reflexión sobre a relación entre verdade, existencia e identidade.
[editar] Ortonimo
A obra ortonima de Pessoa pasou por diferentes fases, mais envolve basicamente a procura dun certo patriotismo perdido, a través dunha atitude sebastianista reinventada. O ortonimo foi profundamente influenciado, en varios momentos, por doutrinas relixiosas como a teosofia e sociedades secretas como a Mazonaria. A poesia resultante ten un certo ar mítico, heroico (case épico, mais non na acepción orixinal do termo), e por veces tráxico.É un poeta universal, na medida en que nos foi dando, mesmo con contradicións, unha visión simultaneamente múltipla e unitaria da Vida. É precisamente nesta tentativa de ollar o mundo duma forma múltipla (con un forte substrato de filosofia racionalista e mesmo de influencia oriental) que reside unha explicación plausible para ter criado os célebres heterónimos - Alberto Caeiro, Álvaro de Campos e Ricardo Reis, sen contarmos ainda co semiheterónimo Bernardo Soares.
A principal obra de "Pessoa el-mesmo" é Mensagem, unha colección de poemas sobre os grandes personaxes históricos portugueses. O libro foi, tamén, o único a ser publicado encanto foi vivo.
[editar] Álvaro de Campos
- Artigo principal: Álvaro de Campos.
Entre todos os heteronimos, Campos foi o único a manifestar fases poéticas diferentes ao longo de súa obra. Era un enxeñeiro de educación inglesa e orixe portuguesa, mais sempre coa sensación de ser un estranxeiro en calquer parte do mundo.
Comeza a súa traxectoria como un decadentista (influenciado polo Simbolismo), mais logo adere ao Futurismo. Despois de unha série de desilusións coa existencia, asume unha vea nihilista, expresa naquel que é considerado un dos poemas máis coñecidos e influentes da lingua portuguesa, Tabacaria.
[editar] Ricardo Reis
- Artigo principal: Ricardo Reis.
O heterónimo Ricardo Reis é descrito como sendo un médico que se definia como latinista e monárquico. De certa maneira, simboliza a heranza clásica na literatura occidental, expresa na simetria, harmonia, un certo bucolismo, con elementos epicuristas e estóicos. A fin inexorable de todos os seres vivos é unha constante en súa obra, clásica, depurada e disciplinada.
Segundo Pessoa, Reis mudouse para o Brasil en protesta á proclamación da República en Portugal e non se sabe o ano de súa morte.
José Saramago, en O ano da morte de Ricardo Reis continua, nunha perspectiva persoal, o universo deste heterónimo, despois da morte de Fernando Pessoa, cuxo fantasma establece un diálogo co seu heterónimo, sobrevivente ao criador.
[editar] Alberto Caeiro
- Artigo principal: Alberto Caeiro.
Caeiro, por seu lado, teria sido un camponés sen estudos formais, mais considerado o mestre entre os heteronimos (polo ortonimo, inclusive). Tamén é coñecido como o poeta-filósofo, mais rexeitaba este título e pregaba unha "non-filosofia". Acreditaba que os seres simplesmente son, e nada máis: irritabase coa metafísica e calquer tipo de simboloxía para a vida.
Posuía unha linguaxe estética direta, concreta e simples, mais ainda así, bastante complexa do ponto de vista reflexivo. Seu ideario resumese no verso Hai metafísica bastante en non pensar en nada. Súa obra está agrupada na coletanea O guardador de rebaños.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
