Cravo Fondo
Cravo Fondo foi un colectivo poético xurdido en Santiago de Compostela en 1977.
[editar] Historia e características
O grupo xurdiu con vontade renovadora e autodefiníase como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Estaba formado polos poetas: Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Fiz Vergara Vilariño e Helena Villar Janeiro.
En 1977 publican o seu único libro conxunto co título Cravo Fondo que se abre cun manifesto que mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal pero sen renunciar a historicidade nin caer no esteticismo. Fáise fincapé na necesidade dunha poesía que comunique realmente co pobo e fálase da necesidade de facer recitais non elitistas. O manifesto remata coa consigna: "Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe".
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Diccionario de literatura galega. IV Termos e institucións literarias (2003).