Fascia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fascia
A fascia rectal
Latín fascia
Gray's pág.376
Precursor mesénquima
MeSH Fascia

A fascia (do latín, "fita", "banda") é unha lámina de tecido conectivo[1] que se estende polo corpo. É un tecido conectivo que rodea músculos, grupos de músculos, vasos sanguíneos, e nervios, uníndoos mediante unha cuberta común.[2] Está constituída por varias capas: a fascia superficial, a fascia profunda, e unha fascia subserosa (ou visceral) e se estende de forma ininterrompida de arriba a baixo.[3]

Ao igual que os ligamentos, aponeuroses, e tendóns, as fascias son densos tecidos conectivos, conteñen numerosas fibras de coláxeno orientadas en paralelo ás forzas de tensión. Debido a esta disposición, as fascias son tecidos moi resistentes, especialmente a forzas que se exerzan cunha traxectoria paralela ás fibras coláxenas. Estas fibras son producidas por unha célula denominada fibroblasto, presentes en toda a superficie fascial.[2]

A composición da fascia polo tanto é moi semellante á do tendón ou á do ligamento pero o ligamento se dispón entre óso e óso con funcións na mobilidade e estabilidade articular. Os tendóns unen un músculo ao óso, tanto na inserción proximal coma na caudal.

Definición[editar | editar a fonte]

Existe controversia en que estruturas deben ser consideradas fascia e cales non, e como se deben clasficar as fascias.[4] As dúas clasificacións máis relevantes hoxe en día son:

NA 1983 TA 1997 Description Example
Fascia superficial (non considerada fascia neste sistema) Atópase no tecido subcutáneo na maioría do organismo, limitando coa capa reticular da derme.[5] Fascia de Scarpa
Fascia profunda Fascia dos músculos É o tecido conectivo denso que rodea e encapsula os músculos, ósos, nervios e vasos sanguíneos. Fascia transversal do abdome
Fascia visceral Fascia visceral, fascia parietal Suxeita e protexe os órganos, cubríndoos con coláxeno e outras substancias. Pericardio

Función[editar | editar a fonte]

As fascias habitualmente considéranse estruturas pasivas que transmiten as forzas xeradas polo movemento muscular ou por forzas externas, ao longo de todo o organismo humano. Algunhas investigacións indican que as fascias poden contraerse, ou ben xunto ao músculo que cobren ou ben de xeito autónomo.[6]

As fascias que recobren músculos protéxenos ademais da fricción que se produce co seu movemento:

  1. Proporcionan unha cuberta deslizante para o correcto movemento.
  2. Manteñen os óganos no seu sitio natural.
  3. Transmiten o movemento dende o músculo ata o óso no que se insiren.
  4. Proporcionan unha zona de paso para os nervios e vasos sanguíneos, a través da cal poden discorrer protexidos entre os distintos músculos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "fascia" en Dorland's Medical Dictionary
  2. 2,0 2,1 Marieb, Elaine Nicpon; Hoehn, Katja (2007). Human anatomy & physiology. Pearson Education. p. 133. ISBN 9780321372949. 
  3. "Self Myofascial Release". Consultado o 2010-08-17. 
  4. Committee on Anatomical Termi, Federative. Terminologia Anatomica: International Anatomical Terminology. Thieme Stuttgart. p. 33. ISBN 3-13-114361-4. 
  5. Skandalakis, John E.; Skandalakis, P.N.; Skandalakis, L.J.; Skandalakis, J. (2002). Surgical Anatomy and Technique, 2nd Ed. Springer (Atlanta, GA). pp. 1–2. ISBN 0-38798-752-5. 
  6. Schleip, R; Klingler, F; Horn, F (2005). "Active fascial contractility: Fascia may be able to contract in a smooth muscle-like manner and thereby influence musculoskeletal dynamics". Medical Hypotheses 65 (2): 273–7. PMID 15922099. doi:10.1016/j.mehy.2005.03.005. 
  7. Faller, A; Schuenke, M (2004) The Human Body, Thieme, p. 127

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]