Super Rugby
| Fundación | 1996 |
|---|---|
| Rexión | Hemisferio Sur (SANZAR) |
| Equipos | 15 |
| Actual campión | |
| Máis laureado | |
| Emisión en TV | Digital+ (en castelán) |
| Sitio web | www.superrugby.com |
| Super Rugby 2012 | |
O Super Rugby (tamén chamado Super 15, e antigamente Super 14 e Super 12) é o campionato de clubs de rugby máis importante do hemisferio Sur. A liga tivo as súas orixes no Campionato do Pacífico Sur de 1992, e formábana orixinariamente seis equipos. Destes, tres eran de Nova Zelandia (Canterbury, Wellington e Auckland) un de Queensland, un de Nova Gales do Sur e un de Fidxi. Logo o torneo expandiuse a dez equipos, pertencentes a Nova Zelandia, Australia e Sudáfrica.
Estas tres nacións dominaron entre 1991 e 1995 as copas mundiais. Trala Copa do Mundo de 1995, crearon unha organización chamada SANZAR para organizaren, en 1996, a liga profesional Super 12, posteriormente ampliada a catorce equipos. A liga converteuse nunha das máis famosas e competitivas. Os Crusaders, un dos equipos partipantes deste torneo, gañouno en sete ocasións.
Índice |
Formato[editar]
O campionato comeza a mediados de Febreiro e remata en Xuño. En 2011 o número de equipos que forman parte do torneo pasou de 14 a 15, xa que tivo lugar a chegada ó campionato dos Melbourne Rebels australianos.
Con esta chegada, o número de equipos australianos pasou a ser de 5, igual que o número de equipos neozelandeses e sudafricanos, de xeito que SANZAR cambiou o formato da competición, pasando de haber unha táboa única de 14 equipos no ano 2010, a haber 3 "conferencias" de 5 equipos en 2011. Decidiuse que en cada unha das "conferencias" estiveran xuntos o 5 equipos do mesmo país, de xeito que o nome das "conferencias" fosen Conferencia Australiana, Conferencia Neozelandesa e Conferencia Sudafricana.
Unha vez que cada equipo disputa 16 encontros, ó remate da tempada regular o primeiro de cada "conferencia" esta clasificado para disputar os Play-Offs, así como os outros 3 equipos que maior puntuación acaden, sexan da "conferencia" que sexan.
| Cuartos de Final | Semifinais | Final | ||||||||
| [1] 1º de conferencia. 1º por puntos | ||||||||||
| [4] 4º por puntos | ||||||||||
| Gañador en cuartos | ||||||||||
| [5] 5º por puntos | ||||||||||
| Gañador en semifinais | ||||||||||
| Gañador en semifinais | ||||||||||
| [3] 1º de conferencia. 3º por puntos | ||||||||||
| Gañador en cuartos | ||||||||||
| [6] 6º por puntos | ||||||||||
| [2] 1º de conferencia. 2º por puntos | ||||||||||
- Para ver un exemplo, consultar Super 15 2011
Equipos[editar]
Os seguintes 15 equipos son os que se enfrontan nesta competición dende a tempada 2011. Todos eles teñen chegado a algunha final nalgunha edición, menos 4 equipos (Rebels, Cheetahs, Lions e Force). Dos 15 equipos, 6 deles acadaron o campionato polo menos 1 vez (Crusaders, Blues, Bulls, Brumbies, Reds e Chiefs):
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Finais[editar]
As finais dispútanse no estadio elexido polo equipo finalista que mellor clasificación tivo dos dous na tempada regular. Auckland e Christchurch acolleron 4 finais, Canberra outras 3, e as demais foron en Durban, Soweto, Dunedin, Pretoria e Brisbane. A maior anotación dun equipo nunha final son os 61 puntos que anotaron os Bulls na final de 2009, e a menor anotación son os 6 puntos que anotaron Sharks nas finais de 2001 e 2012:
| Equipo | Campión | Finalista |
|---|---|---|
| 7 | 3 | |
| 3 | 1 | |
| 3 | - | |
| 2 | 3 | |
| 1 | 1 | |
| 1 | - | |
| - | 4 | |
| - | 2 | |
| - | 1 | |
| - | 1 | |
| - | 1 |
| Tempada | CAMPIÓN | Resultado | Subcampión | Estadio | Campión da liga regular |
|---|---|---|---|---|---|
| 2012 | 37 - 6 | Hamilton | |||
| 2011 | 18 - 13 | Brisbane | |||
| 2010 | 25 - 17 | Soweto | |||
| 2009 | 61 - 17 | Pretoria | |||
| 2008 | 20 - 12 | Christchurch | |||
| 2007 | 20 - 19 | Durban | |||
| 2006 | 19 - 12 | Christchurch | |||
| 2005 | 35 - 25 | Christchurch | |||
| 2004 | 47 - 38 | Canberra | |||
| 2003 | 21 - 17 | Auckland | |||
| 2002 | 31 - 13 | Christchurch | |||
| 2001 | 36 - 6 | Canberra | |||
| 2000 | 20 - 19 | Canberra | |||
| 1999 | 24 - 19 | Dunedin | |||
| 1998 | 20 - 13 | Auckland | |||
| 1997 | 23 - 7 | Auckland | |||
| 1996 | 45 - 21 | Auckland |
Records[editar]
|
|
Historia[editar]
Antes do profesionalismo[editar]
- Entre 1986 e 1991 (South Pacific Championship)
En 1986 comezou a disputarse un torneo chamado South Pacific Championship integrado por 6 equipos, 3 deles de provincias neozelandesas (Auckland RFU, Canterbury RFU e Wellington RFU), outros 2 australianos (un do estado de Nova Gales do Sur e outro do estado de Queensland), e un equipo representativo de Fidxi. A orixe deste torneo estivo na idea que tiveron na federación de Nova Gales do Sur de crear unha competición na que puidesen enfrontarse os equipos de Nova Gales do Sur e Queensland entre sí e con outros equipos, nun intento de competir coa popularidade que tiñan as competicións de rugby league nese momento en Australia, xa que a NRL estaba nun proceso de expansión fora da cidade de Sydney. Auckland RFU e Canterbury RFU foron os primeiros convidados a competir neste torneo por seren os equipos mais potentes da NPC. Wellington RFU foi convidado despois, xa que o equipo tamén era bo e ademais a cidade tiña un aeroporto importante. Finalmente foi convidada a federación de Fidxi xa que daquela era a selección mais importante das illas do Pacífico. Os resultados finais deron como resultado os seguintes campións:
- 1986 Auckland
- 1987 Título compartido: Canterbury e Auckland
- 1988 Auckland
- 1989 Auckland
- 1990 Auckland
- 1991 Non se disputou
- En 1992 (Super 6)
Despois de non disputarse o torneo en 1991, éste foi relanzado en 1992 cos mesmos participantes, pero cunha nova denominación: Super 6. O campión final foi Queensland.
- Entre 1993 e 1995 (Super 10)
Tra-la desaparición do aparato legal do Apartheid en Suráfrica entre 1990 e 1991, en 1992 a Selección de rugby de Sudáfrica foi readmitida nas competicións internacionais. Os Wallabies e os All Blacks fixeron un tour por Suráfrica nese mesmo ano, e as federacións de ámbolos dous países (Nova Zelandia e Australia) viron a oportunidade de expandir a competición incluindo ós equipos das provincias mais potentes de Suráfrica. Unha canle deportiva surafricana ofreceu un contrato televisivo moi importante para 3 anos, e a ampliación levouse a cabo. Os participantes no torneo serían:
- Os equipos representativos de Nova Gales do Sur e Queensland por Australia.
- Os 3 primeiros clasificados na Currie Cup por Suráfrica.
- O campión do torneo "3 Nacións do Pacífico" que disputaban Tonga, Fidxi e Samoa.
- Os 4 primeiros clasificados na NPC por Nova Zelandia.
En 1993 participaron no Super 10 os conxuntos neozelandeses de Auckland, Otago, North Harbour e Waikato; os australianos de Queensland e Nova Gales do Sur; os surafricanos de Natal, Transvaal e Northern Transvaal; e o conxunto de Western Samoa. A final enfrontou a Transvaal e a Auckland, vencendo o equipo surafricano por 20 a 17.
En 1994 participaron Queensland e Nova Gales do Sur por Australia; North Harbour, Otago, Auckland e Waikato por Nova Zelandia; Transvaal, East Province e Natal por Suráfrica; ademais de Western Samoa. Nesta ocasión o equipo representativo de Queensland venceu ó de Natal na final por 21 a 10.
En 1995 participaron Transvaal, Western Province e Free State por Suráfrica; Nova Gales do Sur e Queensland por Australia; Otago, North Harbour, Auckland e Canterbury por Nova Zelandia; e Tonga. A final enfrontou a Queensland con Transvaal, sendo o resultado da final 30-16 a prol do conxunto australiano.
Profesionalismo e SANZAR[editar]
No mes de Agosto do ano 1995 foi proclamado oficialmente o profesionalismo do rugby pola IRB. Tra-lo éxito da Copa do Mundo de Rugby 1995, as federacións nacionais de rugby de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica xuntáronse para estudar a reestructuración do campionato, e crearon un novo organismo chamado SANZAR, encargado de artellar o novo torneo, cun novo formato. Na mesma xuntanza decidiuse crear un novo torneo internacional chamado Tri Nations que cada ano enfrontaría ás tres seleccións nacionais, e que tamén sería artellado pola SANZAR. Pouco despois a SANZAR chegou a un acordo coa empresa News Limited, pertencente a Rupert Murdoch, coa que asinou un contrato de 10 anos polos dereitos televisivos da nova competición a cambio de 555 millóns de dólares.
O novo torneo, 100% profesional, estaría composto por 12 equipos representativos de provincias ou estados de Australia, Suráfrica e Nova Zelandia. Estos foron o 12 equipos que formarían parte da primeira edición do torneo Super 12:
- Por Suráfrica (4): Western Province, Northern Transvaal, Transvaal e Natal Sharks.
- Por Australia (3): Queensland Reds, NSW Waratahs e ACT Brumbies.
- Por Nova Zelandia (5): Auckland Blues, Waikato Chiefs, Otago Highlanders, Wellington Hurricanes e Canterbury Crusaders.
Super 12[editar]
Véxase:
- Super 12 1996
- Super 12 1997
- Super 12 1998
- Super 12 1999
- Super 12 2000
- Super 12 2001
- Super 12 2002
- Super 12 2003
- Super 12 2004
- Super 12 2005
Super 14[editar]
Véxase:
Super Rugby[editar]
Véxase:
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
- Rugby.
- SANZAR.
- Tri Nations.
- Selección de rugby de Sudáfrica.
- Selección de rugby de Australia.
- Selección de rugby de Nova Zelandia.
Ligazóns externas[editar]
|
||||||||
|
||||||||
