Auckland Blues
| Nome completo | Auckland Blues | ||
| Alcume(s) | |||
| Fundación | 1996 | ||
| Localización | Auckland, Nova Zelandia |
||
| Estadio(s) | Eden Park | ||
| Capacidade | 47.500 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | Super Rugby | ||
| Tempada | 2011 | ||
| Posición | 4º e Semifinais | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
Os Auckland Blues son un equipo de rugby neozelandés da cidade de Auckland que compite no Super Rugby. Foi fundado en 1996 e administrado pola Northland Rugby Union, North Harbour Rugby Union e pola Auckland Rugby Union.
Índice |
[editar] Estadio
Os Blues xogan os seus encontros como locais no estadio Eden Park, construído en 1900, e que ten unha capacidade para acoller a mais de 50.000 seareiros nas súas bancadas. Este estadio é o maior de Nova Zelandia, e nel tamén xoga como local o Auckland Rugby Union da ITM Cup, ademais do equipo Auckland Aces de cricket.
[editar] Xogadores
Os xogadores que defenderán as cores do equipo na tempada 2012 son os seguintes:
|
1ª Liña
Talonadores
2ª Liña
|
3ª Liña
Medios Melé
Aperturas |
Centros
Ás
Zagueiros |
No pasado teñen pasado polas ringleiras do equipo xogadores tan importantes como Carlos Spencer, Joe Rokocoko, Luke McAlister, Mils Muliaina, Jonah Lomu, Doug Howlett, Michael Jones, Zinzan Brooke, Rico Gear ou Sean Fitzpatrick entre outras moitas estrelas deste deporte.
[editar] Traxectoria
A traxectoria dos Auckland Blues no torneo Super Rugby é unha das mais exitosas de entre tódolos equipos que o disputan. No palmarés dos Blues hai 3 campionatos, nos anos 1996, 1997 e 2003, e un subcampionato no ano 1998. Na edición pasada o equipo chegou ás semifinais, caendo fronte ós Reds.
| Tempada | Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | PUNTOS | Temp.Regular | PlayOffs |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2011 | 16 | 9 | 1 | 5 | 60 | 4º | SEMIFINALISTA |
| 2010 | 13 | 7 | 0 | 6 | 37 | 7º | |
| 2009 | 13 | 5 | 0 | 8 | 32 | 9º | |
| 2008 | 13 | 8 | 0 | 5 | 40 | 6º | |
| 2007 | 13 | 9 | 0 | 4 | 42 | 4º | SEMIFINALISTA |
| 2006 | 13 | 6 | 0 | 7 | 29 | 8º | |
| 2005 | 11 | 6 | 0 | 5 | 27 | 7º | |
| 2004 | 11 | 6 | 1 | 4 | 32 | 5º | |
| 2003 | 11 | 10 | 0 | 1 | 49 | 1º | CAMPIÓN |
| 2002 | 11 | 6 | 0 | 5 | 29 | 6º | |
| 2001 | 11 | 4 | 0 | 7 | 21 | 11º | |
| 2000 | 11 | 6 | 0 | 5 | 30 | 6º | |
| 1999 | 11 | 4 | 1 | 6 | 23 | 9º | |
| 1998 | 11 | 9 | 0 | 2 | 43 | 1º | FINALISTA |
| 1997 | 11 | 10 | 1 | 0 | 50 | 1º | CAMPIÓN |
| 1996 | 11 | 8 | 0 | 3 | 41 | 2º | CAMPIÓN |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns
|
||||||||