Canberra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Canberra
Mapa
Canberra locator-MJC.png
Información
País Flag of Australia.svg Australia
Estado Territorio da Capital Australiana
Data de establecemento: 12 de marzo de 1913
Superficie 805.6 km2
Poboación 340.800 (2007)
Densidade 413 h/km² (
Tuggeranong-Valley-lr-cropped.jpg
www.visitganberra.com.au
Vista de Canberra desde o Monte Ainslie

Canberra é a capital de Australia, e cunha poboación de 340.800 habitantes, é a maior cidade do interior do país. A cidade atópase no norte do Territorio da Capital Australiana, 280 km (177 mi) ao suroeste de Sidney, e 650 km (400 mi) ao norleste de Melbourne. A territorio de Canberra foi elixido como sede da capital do país en 1908 tralo acordo entre as cidades de Sidney e Melbourne, a dúas cidades maiores de Australia. Canberra é unha cidade atípica entre as australianas, xa que foi enteiramente planificada para a súa construción. A construción da cidade comezou en 1913 seguindo o deseño do arquitecto de Chicago, Walter Burley Griffin quen gañara o concurso para o deseño da cidade. O deseño da cidade foi fortemente influenciado polo movemento da cidade do xardíns, incorporando significativas áreas de vexetación natural na cidade, o que lle valeu a Canberra o alcume de "Capital arbustiva". Aínda que o crecemento e desenvolvemento da cidade foran obstaculizados pola I e II Guerra Mundial e a Gran Depresión, a Canberra emerxeu como unha cidade próspera tralo fin da Segunda Guerra Mundial.

Parlamento de Australia

Como sede do goberno de Australia, en Canberra atópanse a Parlamento, o Tribunal superior de Australia e numerosas axencias e departamentos gobernamentais. Tamén constitúe a sede de moitas institucións sociais e culturais de importancia a nivel nacional. O goberno federal contribúe á maior porcentaxe do PIB do estado, e á maioría dos postos de traballo, aínda que nun nivel menor do que foi no pasado. Canberra é tamén un destino turístico popular entre os turistas internacionais e nacionais.

Academia das Ciencias

Canberra divídese en distritos:

  • North Canberra,, construíuse primordialmente entre as década de 1920 e 1930, medrando na de 1960, hoxe comprende 14 barrios
  • South Canberra, desenvolveuse entre os anos 1920 e 1960, 13 barrios
  • Woden Valley, construción desde 1963, 13 barrios
  • Belconnen, construción desde 1967, 25 barrios
  • Weston Creek, construción desde 1969, 8 barrios
  • Tuggeranong, construción desde 1974, 19 barrios
  • Gungahlin, construción desde os anos 1990, 18 barrios mais só 12 desenvolvidos ou en desenvolvemento

Ferramentas persoais