Morné Steyn
Morné Steyn, nado en Cidade do Cabo o 1 de xullo de 1984, é un xogador surafricano de rugby. Xoga na posición de apertura nos Bulls do torneo Super Rugby, nos Blue Bulls da Currie Cup e na Selección de rugby de Sudáfrica.
Índice |
Records [editar]
Morné Steyn ten o record de puntos anotados nun encontro no que un xogador anota tódolos puntos, con 31. Tamén ten o record de puntos anotados nun encontro fronte á Selección de rugby de Nova Zelandia, con 31. Outro dos seus records é o de maior cantidade de penaltis anotados nun encontro, con 8. Tamén ten o record de puntos anotados nun encontro fronte á Selección de rugby de Australia; o de xogador que acada antes o 100, os 200 e os 300 puntos cos Springboks; maior cantidade de drops anotados nunha tempada do Super Rugby, con 11; maior cantidade de drops anotados nun encontro do Super Rugby, con 4; e maior cantidade de puntos anotados nunha tempada do Super Rugby, con 263.
Palmarés [editar]
| Equipos | Tempadas | Títulos |
| Blue Bulls | 2003 - | 2 Currie Cup (2006, 2009) |
| Bulls | 2005 - | 3 Super Rugby (2007, 2009, 2010) |
| Springboks | 2009 - | 1 Tri Nations (2009) |