Lions

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lions
Nome completo Lions
Alcume(s)
Fundación 1996
Localización Johannesburgo, Suráfrica Flag of South Africa.svg
Estadio(s) Ellis Park
Capacidade 59.611
Presidente
Adestrador Flag of New Zealand.svg John Mitchell
Capitán Flag of South Africa.svg
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Super Rugby
Tempada 2012
Posición 15º
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


Os Lions son un equipo profesional de rugby fundado en 1996, que compite no Super Rugby representando á rexión de Transvaal (Suráfrica), e que ten a súa sede na cidade de Johannesburgo. O equipo dos Lions que xoga na primeira metade do ano no Super Rugby está construído sobre a base dos Golden Lions que disputan a Currie Cup surafricana na segunda metade do ano, e ámbolos dous equipos están gobernados pola Transvaal Rugby Union.

Estadio[editar | editar a fonte]

Os Lions xogan os seus encontros como locais no estadio Ellis Park de Johannesburgo, un recinto inaugurado en 1928, chamado así polo inventor do deporte do rugby (William Webb Ellis), que ten capacidade para acoller 59.611 seareiros nas súas bancadas. Os Lions comparten este estadio cos Golden Lions da Currie Cup e co equipo de fútbol dos Orlando Pirates. O estadio Ellis Park acolleu a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 na que a Selección de rugby de Suráfrica acadou o seu primeiro título mundial.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Actualmente estes son os xogadores que compoñen o equipo dos Lions:

1ª Liña

  • Jacobie Adriaanse
  • Kevin Buys
  • Patric Cilliers
  • Ross Geldenhuys
  • Wayne Swart
  • JC Janse van Rensburg

Talonadores

  • Martin Bezuidenhout
  • Bandise Maku
  • Edgar Marutlulle

2ª Liña

  • David Bulbring
  • David de Villiers
  • George Earle
  • Franco van der Merwe (c)
 

3ª Liña

  • Cobus Grobbelaar
  • Derick Minnie
  • Josh Strauss
  • Michael Rhodes
  • Wikus van Heerden
  • Dries van Schalkwyk
  • Warren Whiteley

Medios Melé

  • Michael Bondesio
  • Rory Kockott
  • Jano Vermaak

Aperturas

 

Centros

  • Joubert Engelbrecht
  • Doppies la Grange
  • Waylon Murray

Ás

Zagueiros

  • Michael Killian
  • Jaco Taute

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A traxectoria dos Lions no torneo Super Rugby pode ser considerada como moi mala, xa que rematou último na clasificación ata en 5 ocasións, cifra récord, e tan só tivo 3 participacións que se poidan cualificar como boas, nos anos 1997, 2000 e 2001. Nas tempadas restantes sempre tivo mais derrotas que vitorias.

Ellis Park, fogar dos Lions.
Tempadas Pos. Xogados Gañados Empates Derrotas Puntos+ Puntos- Diferencia Bonus PUNTOS Playoffs
2011 14º 16 3 0 12 351 477 -126 7 29
2010 14º 13 0 0 13 270 585 -315 5 5
2009 12º 13 4 0 9 294 419 -125 9 25
2008 14º 13 2 1 10 206 367 -161 2 12
2007 12º 13 5 0 8 175 284 -109 2 22
2006 13º 13 2 1 10 220 405 -185 5 15
2005 11º 11 1 1 9 226 326 -100 7 13
2004 12º 11 1 0 10 294 459 -165 7 11
2003 12º 11 2 0 9 259 398 -139 4 12
2002 11º 11 1 0 9 217 370 -153 2 6
2001 11 7 0 4 285 244 +41 6 34 (caeu nas semifinais fronte ós Sharks)
2000 11 7 0 4 320 334 -14 4 32 (caeu nas semifinais fronte ós Brumbies)
1999 11º 11 4 0 6 312 341 -29 6 22
1998 12º 11 2 0 9 266 346 -80 7 15
1997 11 5 1 5 302 346 -44 6 28
1996 10º 11 3 0 8 228 299 -71 4 16

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]