Crusaders
| Nome completo | Canterbury Crusanders | ||
| Alcume(s) | |||
| Fundación | 1996 | ||
| Localización | Christchurch, Nova Zelandia |
||
| Estadio(s) | Christchurch Stadium | ||
| Capacidade | 18.600 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | Super Rugby | ||
| Tempada | 2012 | ||
| Posición | 4º | ||
| www.crfu.co.nz Páxina web oficial | |||
|
|||
Os Crusaders, tamén coñecidos como Canterbury Crusaders, son un equipo de rugby neozelandés da cidade de Christchurch que compite no torneo Super Rugby, sendo o equipo máis laureado da competición. O equipo representa aos equipos provinciais de Buller, Canterbury, Mid-Canterbury, South Canterbury, Tasman e West Coast.
Índice |
Estadio [editar]
Os Crusaders xogan os seus encontros como locais no AMI Stadium, chamado Lancaster Park dende que se construíu en 1881 ata 1998, e despois chamado Jade Stadium ata 2007. A capacidade do AMI Stadium é dunhas 38.600 persoas. Os Crusaders comparten o estadio co seu dono orixinal, o equipo Canterbury RFU da ITM Cup.
Este estadio foi orixinalmente construído para acoller encontros de cricket, razón pola cal ten forma circular.
O AMI Stadium foi escollido para que se disputasen nel algúns dos encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que Nova Zelandia organizará a partir do 9 de setembro do 2011, pero en febreiro de 2011 un terremoto de 6'3º na escala de Richter sacudiu a cidade de Christchurch, deixando 145 persoas mortas e moitos danos na estrutura do estadio, facendo que fose imposible a disputa de calquera tipo de evento deportivo nel. Os Crusaders tiveron entón que xogar tódolos seus encontros fora de Christchurch, a maioría deles no estadio Trafalgar Park da localidade de Nelson. Os 7 encontros que o estadio ía acoller no mundial de rugby foron repartidos por outros estadios do país, e as obras de restauración non rematarán ata o ano 2012.
Xogadores [editar]
Estes foron os xogadores que compuxeron o equipo dos Crusaders na tempada 2011. Actualmente as estrelas do equipo son o apertura Daniel Carter, o centro Sonny Bill Williams e o 3ª liña Richie McCaw, capitán dos Crusaders así como dos All Blacks:
|
1ª Liña Talonadores 2ª Liña |
3ª Liña Medios Melé Aperturas |
Centros Ás |
Traxectoria [editar]
A traxectoria dos Crusaders no Super Rugby foi a máis exitosa de tódolos 15 equipos que compiten no torneo de rugby punteiro no Hemisferio Sur. A pesares de comezar as súas participacións no torneo quedando no último posto no Super 12 1996, nos seguintes anos os Crusaders creceron ata acadar 7 títulos, nos anos 1998, 1999, 2000, 2002, 2005, 2006 e 2008, ademais de 3 subcampionatos, nos anos 2003, 2004 e 2011.
| Tempada | Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | PUNTOS | Temp.Regular | PlayOffs | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2011 | 16 | 11 | 1 | 4 | 61 | 3º | FINALISTA | ||||
| 2010 | 13 | 8 | 1 | 4 | 41 | 4º | SEMIFINALISTA | ||||
| 2009 | 13 | 8 | 1 | 4 | 41 | 4º | SEMIFINALISTA | ||||
| 2008 | 13 | 11 | 0 | 2 | 52 | 1º | CAMPIÓN | ||||
| 2007 | 13 | 8 | 0 | 5 | 42 | 3º | SEMIFINALISTA | ||||
| 2006 | 13 | 11 | 1 | 1 | 51 | 1º | CAMPIÓN | ||||
| 2005 | 11 | 9 | 0 | 2 | 44 | 1º | CAMPIÓN | ||||
| 2004 | 11 | 7 | 0 | 4 | 34 | 2º | FINALISTA | ||||
| 2003 | 11 | 8 | 0 | 3 | 40 | 2º | FINALISTA | ||||
| 2002 | 11 | 11 | 0 | 0 | 51 | 1º | CAMPIÓN | ||||
| 2001 | 11 | 4 | 0 | 7 | 23 | 10º | |||||
| 2000 | 11 | 8 | 0 | 3 | 39 | 2º | CAMPIÓN | ||||
| 1999 | 11 | 7 | 1 | 3 | 33 | 4º | CAMPIÓN | ||||
| 1998 | 11 | 8 | 0 | 3 | 41 | 2º | CAMPIÓN | ||||
| 1997 | 11 | 5 | 1 | 5 | 26 | 6º | |||||
| 1996 | 11 | 2 | 1 | 8 | 13 | 12º |
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||