Canterbury RFU
| Nome completo | Canterbury Rugby Football Union | ||
| Alcume(s) | |||
| Fundación | 1883 | ||
| Localización | Christchurch, Nova Zelandia | ||
| Estadio(s) | AMI Stadium | ||
| Capacidade | 38.600 persoas | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | ITM Cup | ||
| Tempada | 2011 | ||
| Posición | Campión | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
Canterbury Rugby Football Union é o organismo que regula as competicións de rugby na rexión de Canterbury, en Nova Zelandia. O seu equipo representativo, con sede en Christchurch, é un dos 14 equipos rexionais que compoñen o campionato nacional de liga (chamado ITM Cup por razóns económicas), unha das competicións de rugby mais importantes do mundo.
Índice |
Palmarés [editar]
O Canterbury RFU é o segundo equipo máis laureado da liga neozelandesa de rugby.
Competicións nacionais [editar]
- ITM Cup (9) = 1977, 1983, 1997, 2001, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011
- Ranfurly Shield = 14 conquistas e 129 defensas
Competicións internacionais [editar]
- Ver Super Rugby e Crusaders.
Estadio [editar]
O AMI Stadium é o estadio no que xoga os seus encontros como local o Canterbury RFU. É un recinto cunha capacidade superior a 38.000 persoas.
Neste estadio tamén disputa os seus encontros o conxunto de Crusaders do Super Rugby, e nalgunhas ocasións nel tamén se disputan encontros de cricket.
O estadio quedou moi danado tralo sismo que sufríu a cidade de Christchurch a comezos do ano 2011, polo cal foi retirado da lista de estadios da Copa do Mundo de Rugby 2011.
Xogadores históricos [editar]
Ó longo da historia do rugby neozelandés, Canterbury RFU achegou ducias de xogadores á Selección de rugby de Nova Zelandia. Algúns dos xogadores mais importantes foron Andrew Mehrtens, Richie McCaw, Daniel Carter, Justin Marshall ou Ian Kirkpatrick.