Anglo-Welsh Cup
A Anglo-Welsh Cup, (Copa Anglo-Galesa en galego), chamada LV = Cup por razóns publicitarias, é unha competición anual de rugby organizada pola Federación Inglesa de Rugby na que compiten os 12 clubes ingleses da Aviva Premiership e os 4 clubes galeses da Rabodirect Pro12.
O torneo comeza a principios de Novembro e remata a finais de Marzo. As datas nas que se disputan as semifinais e a final coinciden coas datas da disputa do Torneo das Seis Nacións, de xeito que os equipos adoitan ter ausencias destacables nas súas ringleiras.
A pesares diso, o que fai que esta competición sexa atractiva para o siareiros e para os clubes participantes, é que o equipo gañador do torneo obtén unha plaza para participar na tempada seguinte da Heineken Cup, a máxima competición continental.
Índice |
Historia [editar]
A competición orixinal comezou na tempada 1971/72 só entre clubes ingleses, e cun formato de eliminatorias directas. Foi o primeiro torneo oficial entre clubes existente en Inglaterra, e podían participar nel tódolos clubes do país. Hoxe o formato do torneo é moi diferente, e está formado por unha primeira fase de liga na que hai 4 grupos con 4 equipos en cada un, e unha segunda fase na que os primeiros de cada grupo xogan entre sí as 2 semifinais e a final.
Por mor dos patrocinadores, o torneo tense coñecido con varios nomes:
- John Player Cup (1976-1988)
- Pilkington Glass Cup (1989-1997)
- Tetley's Bitter (1998-2000)
- Powergen Cup (2001-2005)
- EDF Energy Cup (2006-2009)
- LV Cup (2010-actual)
O formato de eliminatorias directas desapareceu cando se introducíu a participación dos 4 equipos profesionais de Gales, e que participaron por vez primeira no torneo na tempada 2005/06.
Os clubes que mais éxito tiveron nesta competición son Bath Rugby, con 10 vitorias en 11 finais, e Leicester Tigers, con 7 vitorias en 13 finais. Son os equipos con mais vitorias e tamén con mais presenzas na final.
O título da temporada 1981/82 foi compartido por Gloucester e Moseley que fixeron táboas a 12 na final.
Campións [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||